DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Os nenos e nenas de 3ºA e máis o seu mestre Borja gravaron un vídeo sobre o "bullying", ou acoso escolar, que estivemos a ver e comentar nas clases estes días co gallo do día escolar da non violencia e a paz.
Un aplauso para elas e eles porque fixeron un bo traballo! 
Hoxe temos o acto onde alumnos e alumnas de 6º, dirixidos polas súas titoras Olga e Elena, lerán un manifesto e presentarán as actividades que cada aula do cole estivo a preparar para aprender e concienciar sobre o tema.
Tamén o equipo de Plástica Plurilingüe se encargou de crear coas nenas e nenos de Ed. Primaria a pancarta que lucirá no acto de hoxe. A que quedou ben bonita?
Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Convivencia e Imaxe.
 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2023

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Martes 14 de febreiro ás 17:00h

Mércores 15 de febreiro ás 12:45h

Vide a coñecer o noso cole, esperámosvos!

SE ALGUÉN QUEDOU SEN VISITAR O CENTRO, PODE CONTACTAR CON NÓS PARA SOLUCIONAR DÚBIDAS OU AMOSAR AS INSTALACIÓNS. 

NADAL 2022

Aquí vos deixamos unha mostra de como vivimos o remate do 1º trimestre deste curso:
O equipo de mestres e mestras decoramos as portas das clases e os corredores, o equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un dicionario de termos do Nadal, o equipo de Plástica Plurilingüe fixo os adornos para as árbores e o equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizou a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente coa colaboración da ANPA, e as campanadas de fin de ano cunha súper festa onde bailamos e cantamos sen parar!

PROXECTOS DO CENTRO

Nos últimos días temos moitas novas sobre os proxectos nos que estamos a traballar no centro, animámosvos a que pasedes polo noso Facebook para ollear o que se estivo a facer:

- Proxecto de Ciencias 1º trimestre: O CAMIÑO DE SANTIAGO

- Estrea da aula de Polo Creativo: XOGOS TRADICIONAIS ROBOTIZADOS

- Proxecto de plástica bilingüe: MARUJA MALLO

Click aquí para enlazar ao noso Facebook

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Estes días estivemos a traballar nas aulas cos nosos alumnos e alumnas os Dereitos Humanos, a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

XORNADA SUPERHEROINAS E SUPERHEROES

2ª XORNADA DAS SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES

Onte foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e a nosa escola cre firmemente na inclusión, así que participamos o día 30 de novembro na 2ª xornada das superheroínas e os superheroes para tratar este tema tan importante nas nosas aulas cos nosos alumnos e alumnas.
Escola con superpoderes       

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA - 20 NOVEMBRO

O venres pasado todos os nenos e nenas do cole aprenderon sobre os seus dereitos con diversas actividades e construíron a súa pulseira dos Dereitos da Infancia.
Queremos destacar o traballo dos mozos e mozas da clase de 6ºA que fixeron un mural precioso cos artigos. Felicidades!

DIA MUNDIAL DA DIABETES - 14 DE NOVEMBRO

Hoxe, Día mundial da Diabetes, a asociación anedia representada pola familia de Uxía, deunos unha charla sobre a diabetes e contounos que hai cans adestrados para poder detectar as subidas ou baixadas de azucre do seu compañeiro humano!
Moitas grazas por vir!
 
 
          
Distribuir contido