ÉXITO NO CONCERTO DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS EN PONTEAREAS

Este sábado 8 de xuño ás 20.00 horas o coro do noso colexio deu un concerto de fin de curso no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Máis de 130 voces forman parte deste coro, dirixido por Ruth Barros Abalde e acompañado ao piano por Cecilia López Louro.


Nunha primeira parte actuou o coro de 1º, 2º e 3º e nunha segunda parte actuou o coro de 4º, 5º e 6º, para nunha parte final actuar en conxunto o coro completo. A asistencia de público foi moi alta e as interpretacións foron moi aplaudidas.