NOVO PLAN DE MELLORA DA CALIDADE NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Este curso 2009-10, por 4º ano consecutivo, no noso colexio imos desenvolver un novo Plan de Mellora da Calidade. Neste caso trátase dun Plan para mellorar a competencia lingüística do noso alumnado mediante a utilización das TICs. Esperamos que resulte altamente motivador e que os resultados sexan moi positivos.

Supón un novo paso adiante dentro da ducación de calidade que queremos ofrecer no CEIP Nosa Señora dos Remedios.

Este Plan publicarase proximamente nesta web.