Responder ó comentario
REUNIÓN PREVIA INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS
Ante o comezo de curso tan diferente que nos acomete, é preciso realizar unha reunión inicial PREVIA coas familias para dar a coñecer o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO COVID-19 no noso centro, así como algunhas normas xerais, adaptacións das entradas e saídas, e por suposto resolver as dúbidas que teñades.
A asistencia é completamente necesaria!!
NORMAS PARA ASISTIR Á REUNIÓN:
-
Soamente poderá asistir unha persoa por familia, sen nenos/as.
-
Respetarase en todo momento a distancia de 1,5m e empregarase a máscara.
-
Entrarase tanto pola porta de infantil (rotonda Mikado) como pola principal do cole (Correos), para evitar aglomeracións.
-
Cada persoa situarase unicamente nos lugares indicados
A reunión de Infantil será no hall da planta baixa, O LUNS 7 DE SETEMBRO nas seguintes quendas:
- 3 anos ás 10:30h
- 4 anos ás 12:00h
- 5 anos ás 13:00h
A reunión de Primaria será no patio cuberto, O LUNS7 DE SETEMBRO nas seguintes quendas:
- 1º e 2º EP ás 16:00h
- 3º e 4º EP ás 17:15h
- 5º e 6º EP ás 18:30h
* É realmente importante a asistencia, pero se non podedes asistir, pedide a información a outra familia que asistiu.
* O protocolo (tanto resumido como en versión completa) estará colgado na web do centro para a súa consulta tan pronto sexa posible.
* Despois das reunións, crearemos unha sección na web coas preguntas frecuentes.
Moitas grazas pola vosa comprensión, apoio e implicación nesta situación tan atípica que nos tocou compartir. ÁNIMO E TRANQUILIDADE, TODO VAI SAIR BEN!!!
Un saúdo,
O Equipo Directivo