Articles
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023
AUDIOCONTOS - BIBLIOTECA CREATIVA
O Equipo de Biblioteca ten o pracer de presentarnos a fermosa creación literaria do noso alumnado, froito da participación no programa de Innovación educativa "Bilioteca Creativa". Trátase de audiocontos, algúns de creación propia do alumnado e outros aos que lle puxeron imaxes e voz.
Desfrutade deles!!
A toupiña: https://youtu.be/l61QKn_cJhc
A cebra camila: https://youtu.be/94G-dAUeg8c
Unha maldición mariña: https://youtu.be/q2QT3-4bDQg
Unha árbore: https://youtu.be/jX79o2qUDG4
Rá de tres ollos: https://youtu.be/wr06LMfEqlw
Paxaro amarelo: https://youtu.be/6pa3xDms6io
O monstro de cores: https://youtu.be/E5fjGgRz00Q
Monstro rosa: https://youtu.be/tXr62HsG74E
Capitana June: https://youtu.be/DZxnbDwT11k
ACTIVIDADES BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
O 2º trimestre chega ao seu remate e queremos amosar as actividades levadas a cabo pola Biblioteca e a súa mascota Popi.
O primeiro concurso do Sabichondo, nel os rapaces e rapazas tiñan que adiviñar que profe correspondia coa foto antiga que aparecía no panel.
E como non, houbo gañadores.
Os recunchos máis visitados foron o de investigación e o taller de confección de cortinas.
Tamén houbo outro concurso do Sabichondo, esta vez ía de dinosaurios, había que adiviñar o nome.
Por suposto houbo gañadores tamén.
A nosa Biblio tamén chegaron moitos, moitos libros, primeiro para catalogar e logo serán para que o pasedes moi ben coas súas aventuras.
E unha sorpresiña máis, temos máis equipos informáticos para que veñades traballar moito e por suposto investigar pois son para o recuncho de investigación.
XA CHEGOU TINTÍN O NOSO COLEXIO
Tódolos rapaces e rapazas do colexio preguntaban polas novidades da Biblioteca. Pedían as Bandas Deseñadas de Tintín..., e xa podemos dicir que forman parte da nosa Biblio.
Ademáis Popi dá os parabéns aos premiados do sorteo de TINTÍN, que por certo non foron poucos.