Skip to Content

    

 

Despedida do alumnado de 6º

Foi alá polo ano 2012 cando estes cativos e cativas chegaron ao CEIP Nosa Señora da Piedade e agora tócalles marchar. Despois de moitas leccións aprendidas, risas, algún que outro choro, viaxes, festivais e innumerables momentos compartidos (cunha pandemia de por medio), queremos deixarvos un emotivo vídeo de despedida. Esperamos que vos guste e desexámoslle a toda a rapazada que vai para o IES un futuro cheo de éxitos. Apertas!

 



blog | by Dr. Radut