Skip to Content

    

 

A HORTA DA ESCOLA

A HORTA DA ESCOLA

Tarde e con atrancos, pero este curso….conseguimos poñer en marcha a horta tal e como faciamos antes da pandemia.

O alumnado e profesorado, con gañas e ilusión: cavamos, sachamos, sementamos, plantamos, regamos, observamos….aprendemos….e medramos tod@s xunt@s!

O noso agradecemento a DISHECTOR que proporcionou os produtos de xeito totalmente gratuíto.

ACTO DE GRADUACIÓN

Queridas familias:

O día 20 de xuño imos a celebrar o Acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria. Neste acto están invitados a participar todo o alumnado do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade e as familias de 6º de Infantil e 6º de Primaria. 

Esperámosvos. 

Revista escolar CARPACEDO 2023

Xa está aquí a revista de este ano!

Animádevos a ollala, nela atoparedes un gran resumo de todas as actividades que fixemos durante este curso.

Esperamos que vos guste.

   

 

INVITACIÓN CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

CONVIVENCIA ESCOLAR 

Temos o gusto de invitar a todas as nosas familias a unha xornada de convivencia que se celebrará o próximo 19 de Xuño.

Aquí vos deixamos a invitación. Non o dubidedes e achegádevos a compartir con nós este día tan especial.

AGARDÁMOSVOS!

 

Menú xuño

Distribuir contido


by Dr. Radut