Skip to Content

    

 

Configuración do correo @edu.xunta.es en App de dispositivos móbiles

O acceso ao servizo de correo @ edu.xunta.es desde dispositivos móbiles empregando canles de comunicación non seguras ( WIFIs públicas, ...) constitúe un dos riscos de seguridade que poden comprometer as credenciais de acceso aos servizos educativos. Para reducir eses riscos, o acceso ao servizo de correo @ edu.xunta.es a través de clientes de correo ou dispositivos móbiles, está soamente accesible mediante protocolos e portos que transmitan as credenciais de correo de maneira cifrado e seguro ( SSL, TLS).

Por este motivo, para configurar o acceso ao correo @ edu.xunta.es desde un cliente de correo ou desde un dispositivo móbil, tanto as contas do profesorado como as contas de centros educativos, etc., é necesario empregar a seguinte configuración:

Acceso ao correo:

Enderezo de correo: <conta>@edu.xunta.gal
Usuario: <conta>
Servidor IMAP: imap.edu.xunta.gal
Seguridade: SSL/TLS
Porto: 993
Identificación: Contrasinal normal

Envío de correo:
Usuario: < conta>@edu.xunta.gal
Servidor SMTP: smtp.edu.xunta.gal
Porto: 587
Seguridade: STARTTLS
Identificación: Contrasinal normal
Usuario: <conta>

Para solucionar as dúbidas, cóntase cun equipo de soporte técnico na Unidade de Atención a Centros a través do teléfono 881 99 77 01 e do correo electrónico  uac@edu.xunta.es

 



page | by Dr. Radut