Skip to Content

    

 

25N GRAFITEIRO

O alumnado do noso centro fixo unha pequena investigación sobre mulleres grafiteiras no mundo que  crearon os seus debuxos en sinal de protesta contra a violencia de xénero. 

O resultado foi unha escolma ben bonita de graffitis que decoran o patio do noso centro. 

Aquí vos deixamos un pequeno resumo da explicación dos mesmos así como a cantiga que preparamos para conmemorar dito día. 

Esperamos que vos guste!

 

Visita ao CEE A Barcia

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria B visitaron o CEE A Barcia en Santiago de Compostela. Alí puideron coñecer as instalacións do centro: visitar a aula multisensorial, ver e desfrutar dos espazos de lecer..., tamén interpretaron unhas panxoliñas bailando diante dos nenos e nenas dese centro e tomaron un aperitivo nadiveño todos xuntos. Foi unha xornada moi interesante xa que puideron comprobar como se traballa con alumnado que presenta discapacidades como as do seu compañeiro de clase que recibe escolarización combinada.

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no noso centro celabrámolo coa visita do CEE A Barcia. Tivimos a sorte de que nos explicasen como traballan no seu cole cos nenos e nenas que asisten ao mesmo, así como ver algunhas das actividades que levan a cabo.

UNBOXING

Retomamos este curso a actividade "UNBOXING" da man do alumnado de 6º B de Educación Primaria. Estas alumnas son as encargadas de ensinarnos un novo xogo da bilioteca chamado "¡NO LO DIGAS!"

Anímate e achégate a xogar con él no tempo de lecer.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut