Skip to Content

    

 

Telexornal "Éche o que hai"

O 8 de marzo celebramos a semana da prensa coa creación dun telexornal titulado "Éche o que hai".

Nel puidemos descubrir unha morea de noticias de todo o mundo. Atrevimonos a predecir o tempo, a buscar youtubers e curiosidades do mundo, e a informar sobre a temática deportiva entre outras cousas...

Fomos uns auténticos e auténticas xornalistas, agardamos que vos guste moito.

 

8M DÍA DA MULLER

Con motivo do Día da Muller (8 M) o alumnado de Educación Infantil e Primaria elaboramos un mural vertical  con información de mulleres importantes dos distintos continentes. Esperamos que vos guste tanto a vós como a nós. Seguimos avanzando cada día!

    

PLAN DIXITAL FAMILIAR E RESPONSABILIDADE DOS NOSOS ACTOS NA REDE

Nos seguintes arquivos adxuntos podedes consultar:

  • PLAN DIXITAL FAMILIAR: as recomendacións que a Asociación Española de Pediatría nos indica para empregar os dispositivos dixitais de xeito responsable no fogar.

         

 

  • RESPONSABILIDADE DOS E DAS MENORES (E DOS SEUS PAIS E NAIS) POLOS ACTOS COMETIDOS EN INTERNET: Documento da axencia española de protección de datos onde aparacen recollidas as responsabilidades administrativa, penal e civil dos actos dos menores e os seus proxenitores no emprego da rede e difusión dos contidos na mesma.

 

          

X CERTAME DE RELATO CURTO

Boa tarde , familias:

Dende FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos) fannos chegar o " X Certame de relato curto" con publicación.  Con este certame, preténdese fomentar a creatividade do alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, así como estimular o uso do galego nas familias. 

Se estades interesados, só tedes que ler as bases do certame que aparecen nos arquivos adxuntos. 

O prazo de envío dos relatos orixinais finalizará o 18 de marzo do 2024.

Esperamos que sexa do voso interese e que vos animedes a participar. 

 

Club de xornalistas

Distribuir contido


by Dr. Radut