Skip to Content

    

 

BIBLIOPATIO

Este curso seguiremos coa actividade da "BIBLIOPATIO" en Educación Infantil, deste xeito os máis cativos e cativas poderán desfrutar no recreo dos dintintos contos e revistas que terán dispoñibles no carro. Cada mes cambiarán as propostas para que poidan gozar da variedade da que dispoñemos na biblioteca do centro e así achegar a lectura a todos e todas. 

De seguido amosamos as imaxes do noso carro para esta actividade. Esperamos que vos gusten os contos escollidos por Furabolos. 

 

 

 

Recomendacións mes de outubro

SEGURO PARA OS EQUIPOS EDIXGAL

No arquivo adxunto, deixámosvos a información actualizada do seguro que oferta a Consellería de Educación para os equipos EDIXGAL . Nel atoparedes toda a información das coberturas e as condicións do mesmo.

MENÚ MES DE SETEMBRO

 Bo día familias:

Aquí vos deixamos o menú correspondente ao mes de setembro.

 

MENÚ COMEDOR SETEMBRO

LISTADO MATERIAL ESCOLAR 2023- 2024

Bo día, familias!

Aquí tedes o listado de material para este curso académico 2023-2024.

Lembrade que o material ten que vir co nome do alumno. Todo o material escolar que teñades do ano pasado ( tipo lápiz, afia, regras, ceras...) podédelo aproveitar para este curso.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, a maiores da súa lista de material de titoría, terá que comprar o material do listado de Plástica.

Calquera dúbida que teñades, podedes consultala mañá co tutor correspondente ou ben chamando ao centro.

Moitas grazas.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut