Skip to Content

    

 

MOCHILA VIAXEIRA

Esta semana Furabolos comezou a viaxar polas vosas casas a través  das mochilas Viaxeiras que co seu lema “De Vila de Cruces para o  Mundo”. Nelas podedes atopar libros para enriquecernos e ademáis un deles relacionado coa temática deste curso.

A maiores teredes que completar a guía de viaxes que se atopa en cada mochila, indicando os datos que vos aparecen podendo empregar imaxes ou debuxos. Será divertido, todos podemos coñecer lugares novos e viaxar!

 

BIBLIOPATIO

Este curso seguiremos coa actividade da "BIBLIOPATIO" en Educación Infantil, deste xeito os máis cativos e cativas poderán desfrutar no recreo dos dintintos contos e revistas que terán dispoñibles no carro. Cada mes cambiarán as propostas para que poidan gozar da variedade da que dispoñemos na biblioteca do centro e así achegar a lectura a todos e todas. 

De seguido amosamos as imaxes do noso carro para esta actividade. Esperamos que vos gusten os contos escollidos por Furabolos. 

 

 

 

Recomendacións mes de outubro

SEGURO PARA OS EQUIPOS EDIXGAL

No arquivo adxunto, deixámosvos a información actualizada do seguro que oferta a Consellería de Educación para os equipos EDIXGAL . Nel atoparedes toda a información das coberturas e as condicións do mesmo.

MENÚ MES DE SETEMBRO

 Bo día familias:

Aquí vos deixamos o menú correspondente ao mes de setembro.

 

MENÚ COMEDOR SETEMBRO

Distribuir contido


by Dr. Radut