Skip to Content

    

 

Clube de xornalistas

25-N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de Novembro, India e Sabela do 5º curso, estreáronse como as primeiras xornalistas do noso clube. Durante os diferentes actos, encargáronse de sacar fotos e vídeos. Días despois, con todo ese material foron quen de facer unha crónica xornalística e deixar escrito o que vivimos ese día todas e todos.

 

Non perdades detalle!

 

 

SAN VALENTÍN: INTERCAMBIANDO CORAZÓNS POR SORRISOS

Este ano quixemos facer unha actividade diferente por SAN VALENTÍN, e aproveitando que no mes de febreiro levamos a cabo dous talleres moi especiais na nosa Biblioteca (un de "lettering" e outro de decoración de corazóns), decidimos crear un recunchiño cheíño de amor no que compartir momentos moi agradables c@s nos@s compañeir@s.

Pero ademais, como os nosos corazóns quedaron moi fermosos, chegamos á conclusión de que era necesario regalalos. Polo tanto, non o pensamos dúas veces e saímos á nosa vila a INTERCAMBIAR CORAZÓNS POR SORRISOS!

Aquí vos deixamos unha reportaxe feita polo noso alumnado reporteiro que quixo retransmitir este día tan especial con todos e todas vós.

Non dubidedes en darlle ao "play" e en darlles un "me gusta" se vos gustou a iniciativa.

 

 

ENTREVISTA: "Coñecendo a Karista..."

 

Aquí amosamos uns dos traballos que se fixeron dentro do Clube de Xornalistas. Neste caso as nosas xornalistas, Noa e Naila do 5º curso, realizaron unha entrevistra moi especial á nosa auxiliar de conversa, Karista. E fixérono na súa lingua, EN INGLÉS! Pero non vos preocupedes, puxémoslle subtítulos en galego!                                                  

A colaboración da teacher Lara foi clave para levar a cabo esta entrevista. 

Agardamos que vos guste tanto como disfrutaron as nosas alumnas ao levala a cabo.

 

 

 

                                                                                                                 

 

CLUBE DE XORNALISTAS

Recentemente creamos no noso centro o I CLUBE DE XORNALISTAS. A iniciativa semellaba todo unha aventura, pero ao final tivo tanto éxito que as credenciais se quedaron curtas! Foron moitos os nenos e nenas que se anotaron voluntariamente a participar neste clube.  

Estade moi atentos e atentas ás novidades que se aveciñan...

                                                       

Distribuir contido


by Dr. Radut