Skip to Content

Escolares

CORRELINGUA: LETRAS GALEGAS.

Queremos compartir con vós unha pequena mostra da nosa celebración do Día das Letras Galegas, no que aprendemos moitas cousas sobre Florencio Delgado e corrimos pola nosa lingua. 

Clicade sobre a imaxe para velo!

Unímonos ás aventuras da biblio con...LARETAS!

Un crocodilo moi divertido veu visitarnos e quere dicirnos algo...

Clicade na súa foto para descubrilo!

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro e queremos amosarvos cun vídeo algunhas das actividades que fixemos para recordar e render homenaxe á nosa gran autora.

Clicade na imaxe para velo!

CHEGA O ENTROIDO!

Chega o Entroido e con el...AS ORDES DO MECO! 

"Se o horta queres coidar, 

os mandatos do Meco debes realizar.

Así o noso colexio de xardineiros e xardineiras se encherá!"

 

Especial XA O SABES: PAZ

Hoxe estamos aquí os nenos e nenas da clase dos maiores para presentarvos un novo episodio do noso programa... "Xa o sabes!

Nesta ocasión queremos ensinarvos vocabulario en galego sobre a PAZ.

 

Aquí o tedes! 

https://youtu.be/OfI1BUq6DEg

CANTAMOS: QUEREMOS PAZ!

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, e que mellor xeito de facelo cantando a canción de "Terra" de Tanxugueiras, coa letra creada e adaptado polo alumnado do centro... Gústavos? 

QUEREMOS PAZ!

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e dende o centro sumámonos a esta celebración, xa que todas as persoas temos capacidades diferentes.

A travès dun vídeo amosamos a riqueza do diferente, porque ser diferente é interesante, complicado, enriquecedor...

Todas as persoas estamos BAIXO O MESMO PARAUGAS.

(Clicade sobre vídeo para velo)

 

CELEBRACIÓNS DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

Queremos compartir con vós uns vídeos nos que podedes ver as actividades que fixemos no Samaín e no Magosto e o moito que desfrutamos con todas elas.

 Magosto 2018 en la Irmandade A Nosa Galiza de Mollet | GaliciaAberta -  Secretaría Xeral da Emigración

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

O alumnado e profesorado do colexio participou, o día 25 de novembro, en diferentes actividades para reclamar a eliminación da violencia contra as mulleres.

FESTIVO DO CENTRO

O martes 7 de decembro do 2021 será día non lectivo no centro, xa que a Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, resolveu favorablemente a petición do Consello escolar, debido a que unha festa laboral de carácter local non coincidía con día de clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut