Skip to Content

galego

CANTAMOS: QUEREMOS PAZ!

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, e que mellor xeito de facelo cantando a canción de "Terra" de Tanxugueiras, coa letra creada e adaptado polo alumnado do centro... Gústavos? 

QUEREMOS PAZ!

 

CELEBRACIÓNS DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

Queremos compartir con vós uns vídeos nos que podedes ver as actividades que fixemos no Samaín e no Magosto e o moito que desfrutamos con todas elas.

 Magosto 2018 en la Irmandade A Nosa Galiza de Mollet | GaliciaAberta -  Secretaría Xeral da Emigración

APRENDE VOCABULARIO EN GALEGO CON "XA O SABES"!

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria quere presentarvos o primeiro programa de "Xa o sabes", un programa co que aprenderemos vocabulario de diferentes temas en galego.

 

Clicade no seguinte enlace para ver o vídeo:

PROXECTO "CAMIÑO DE SANTIAGO".

Ola familias!

Neste curso realizamos un proxecto sobre o Camiño de Santiago e queremos amosarvos a través dun vídeo todo o que aprendemos.

O noso trasniño axudounos a percorrer o Camiño Portugués de Tui a Santiago de Compostela e en cada etapa puidemos descubrir un montón de sitios interesantes.

Agora… Animádesvos a coñecelos?

 

Día de Rosalía de Castro.

O pasado 24 de febreiro, celebramos no colexio O Día de Rosalía de Castro, unha homenaxe feita con moito agarimo á importante escritora galega.

 O alumnado danos a coñecer aspectos importantes da súa vida e recítanos uns versos do seu poema "Parece unha rosa". Ademais, podedes ver diferentes retratos da escritora empregando tres técnicas: pintura con papel seda e técnica de soplado, puntillismo e pop art.

Agardamos que vos guste!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut