Skip to Content

Escolares

PROXECTO "CAMIÑO DE SANTIAGO".

Ola familias!

Neste curso realizamos un proxecto sobre o Camiño de Santiago e queremos amosarvos a través dun vídeo todo o que aprendemos.

O noso trasniño axudounos a percorrer o Camiño Portugués de Tui a Santiago de Compostela e en cada etapa puidemos descubrir un montón de sitios interesantes.

Agora… Animádesvos a coñecelos?

 

Día de Rosalía de Castro.

O pasado 24 de febreiro, celebramos no colexio O Día de Rosalía de Castro, unha homenaxe feita con moito agarimo á importante escritora galega.

 O alumnado danos a coñecer aspectos importantes da súa vida e recítanos uns versos do seu poema "Parece unha rosa". Ademais, podedes ver diferentes retratos da escritora empregando tres técnicas: pintura con papel seda e técnica de soplado, puntillismo e pop art.

Agardamos que vos guste!

 

SAÍDA A CORREOS.

No día de hoxe, os nenos e nenas de Primaria realizamos unha saída á oficina de Correos do noso municipio para enviar unha carta a unha persoa especial. Alí aprendimos moitas cousas sobre o funcionamiento do envío das cartas e algunhas anécdotas que nos contou Enrique, o carteiro.

 

Para ver o vídeo, clicade no archivo adxunto debaixo!

Distribuir contido


by Dr. Radut