O pasado venres celebramos no noso cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Nunha soleada mañá saímos ao patio para...
Aplaudir aos nenos e nenas de primeiro e segundo que fixeron unha estupenda LECTURA da
BIOGRAFÍA de Florencio Delgado.
Gozar cun grupo de alumnos e alumnas de distintos niveis de Primaria que prepararon
coa mestra Miriam esta pequena INTERPRETACIÓN dun poema do autor homenaxeado.
Premede na imaxe para ver o vídeo
Acabamos a festa cun gran BAILE de todo o alumnado do cole escoitando
o tema "Terra" das Tanxugueiras.