O FACHO
1 curta e 4 cancións para o día da Paz
Enviado por Marga o Ven, 22/01/2021 - 09:481 CURTA E 4 CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ
CURTA: E QUE PODO FACER EU?
CANCIÓN Nº1: O MUNDO É GRANDE
CANCIÓN Nº2: CANTARELA DOS NEN@S
CANCIÓN Nº 3: EU TEÑO ALGUÉN
CANCIÓN Nº 4: MÓVETE
XANEIRO, DÍA DA PAZ 2021
Enviado por Marga o Ven, 22/01/2021 - 09:43
XANEIRO, DÍA DA PAZ 2021
Cada 30 de xaneiro dende o ano 1964 celébrase o Día Escolar da Non violencia e a Paz.
Nesta data conmemórase a Mahatma Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concecido o Premio Nobel da Paz.
NÓS: PALABRA DO ANO
Enviado por Marga o Ven, 22/01/2021 - 09:25NÓS: PALABRA DO ANO
Nin pandemia, nin gromo, nin máscara, nin seteiro, nin vacina. NÓS, foi proclamada Palabra do Ano 2020.
"A lingua é un espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e preocupa en cada momento a cada un, a cada un de nós; a todos e todas como sociedade"
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
HOXE, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da
eliminación da violencia contra as mulleres.
Dende o noso centro desenvolvemos accións de sensibilización e prevención co alumnado.
Por iso concenciamos dende idades temperás do que realmente é o AMOR e a NON VIOLENCIA.
O AMOR non son mentiras, celos, control, insultos, bágoas, manipulación, nin golpes.
O AMOR é sinceridade, liberdade, respecto, ledicia e confianza.
DÍ NON Á VIOLENCIA!
Aquí vos deixamos algúns recursos, para traballar na aula:
*Canción "CHEA VIDA" de Gaudi Galego:
https://www.youtube.com/watch?v=6K8imYXul4c
*Vídeo contra a Violencia de Xénero:
https://www.youtube.com/watch?v=cVsyqlZYbvE
*Genially con diversas actividades para distintos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria:
CORRELINGUA 20
#VinteCoaLingua
O correlingua fai 20 anos
Ao non poder saír as rúas en maio para celebralo. Neste mes de novembro podemos interactuar
por medio da rede e ser protagonistas dos streaming do correlingua. Podemos seguir o
correlingua e participar nas diferentes actividades dende o noso centro a través da rede.
Toda a festa, toda a troula e toda a lingua na seguinte ligazón:
https://youtu.be/FOKEpVQwLpI
ACTIVIDADES:
PONTEVEDRA | 18 de novembro 2020
12:00h CEIP de Xeve
Luís O Caruncho e Cuarta Xusta (gañador de Cantalingua)
https://youtu.be/d-PGBR5ye-4
O MORRAZO (MOAÑA) | 19 de novembro 2020
11:30h Centro sociocultural Daniel Castelao (Quintela)
Isabel Risco e A Gramola Gominola
https://youtu.be/Yzbpdkr1RhY
A MARIÑA (XOVE) | 20 de novembro 2020
13:00h CEIP Caselle Roldan
Paco Nogueiras
https://youtu.be/w1A4kxbQiQ0
POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO
"Polo San Martiño trompos ao camiño, polo San Antón trompos ao caixón"
Sabedes que significa este refrán?
Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse
nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu
protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o trompo, peón, buxaina,
peonza...
Con este refrán e con este xogo tradicional damos inicio a celebración do
MAGOSTO
Aquí vos achegamos uns enlaces para trabllar o magosto de forma interactiva:
https://view.genial.ly/5fa180ba0752360ce286c5ca/presentation-contamos-no-magosto
https://view.genial.ly/5f88b95901a73210ef11699a/game-breakout-magosto
https://view.genial.ly/5e27094cab06d104232325e9/presentation-boom-do-magosto
https://view.genial.ly/5f82e5ddb925a10d68ce4cf0/game-breakout-magosto-2020-2021
PETISCOS DO NOSO SAMAÍN
Un ano máis festexamos o Samaín no noso centro, aínda que este curso dun xeito diferente
por mor das circunstancias especiais nas que nos atopamos.
Grazas a todo o alumando e mestres/as pola súa participación
Aquí vos deixamos un collage de fotos coas creacións monstruosas dos nenos/as de Nazaret.
CANCIÓNS DO SAMAÍN E DO MAGOSTO
Ola chavalada!
Achegámosvos un Genially con unha selección de cancións do Samaín e do Magosto.
Este magnífico recursos interactivo foi elaborado por Olga Abeixón, mestra do CEIP Pío XII.
A mover o esqueleto!
Apertas!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
