BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
Normas Xerais
INICIO DE CURSO 2020-21
Enviado por admin2 o Ven, 04/09/2020 - 08:43Queridas familias. O curso escolar en Galicia comezará o día 10 de setembro coa INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO do seguinte xeito, como podedes atopar na web da Consellería de Educación (enlace Web Consellería).
- Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 de setembro serán o alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
- Ao día seguinte, o venres 11 de setembro, iniciarán o curso escolar o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria (excepto 3 anos).
- O alumando do 4º curso de Educación Infantil (3 anos), comezará o Período de adaptación o venres 11 de setembro.
O luns publicaremos o horario detallado de entradas e saídas por cursos. Adiantamos que serán de forma escalonada para evitar aglomeracións. Antes do inicio das clases darémosvos a coñecer o noso Plan de Adaptación á Situación Covid a través da nosa web.
Dende o Centro estamos tomando as medidas necesarias, segundo os medios dos que dispoñemos, para crear un entorno o máis seguro posible para o noso alumnado.
ÁNIMO PARA TODOS/AS, DESEXAMOS QUE TODO SAIA BEN!!!
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
NORMAS XERAIS DO CENTRO
Enviado por profe1 o Lun, 01/09/2014 - 18:45
NORMAS XERAIS DO NOSO CENTRO | |
Entradas e saídas: |
|
Secretaría: | O horario de secretaría do centro para calquera consulta ou xestión será de 9:00 ás 9:50 horas e de 13:15 a 14:00 horas os luns, mércores e venres. |
Información: | Na páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirobembrive, tedes información xeral sobre todo o relacionado co colexio. |
Servizos: |
|
Cumpres |
|
Outros: |
|
- blogue de profe1
- APIs de Blogue