BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

Datos Xerais

Datos xerais


 Vista aérea do cole
 Enderezo:  Estrada de Bembrive, 161 (Mosteiro)
 Localidade:  Bembrive
 Código Postal:  36214
 Concello:  Vigo
 Telefono:  886120216/17   
 Correo electrónico:  ceip.mosteiro.bembrive@edu.xunta.es
 Coordenadas GPS  42.206118, -8.6924

A actividade do centro pretende o pleno desenvolvemento da personalidade humana, o respecto aos dereitos e liberdades individuais, a coeducación, a defensa e conservación do medio ambiente e as peculiaridades socioculturais galegas. 

A participación activa dos membros da comunidade educativa está reforzada polo funcionamento de comisións mixtas nas que se integran pais/nais, profesorado e alumnado para organizar diversas actividades coma a Festa de Aniversario en Educación Infantil, a biblioteca, a horta escolar… 

 

Impártese inglés a partir dos tres anos

 

Saídas escolares dentro do Plan de Actividades Complementarias en todos os niveis e, colonias, a partir de tres anos, a distintos lugares de Galicia pasando dunha a tres noites segundo a idade. 

 

Programación de festas anuais: Magosto, Nadal, Paz, Entroido, Letras Galegas, Fin de curso, cumpres de Infantil, Graduacións infantil e primaria. Biblioteca escolar e actividades semanais de formación de usuarios/as e animación á lectura. Equipo de Novas Tecnoloxías e Plan de tratamento das TICs. Departamento de Orientación e actividades de desenvolvemento do Plan de Acción Titorial e de Convivencia. 


Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROGRAMACIÓNS

  • Educación Infantil
  • 1º Educación Primaria
  • 2º Educación Primaria
  • 3º Educación Primaria
  • 4º Educación Primaria
  • 5º Educación Primaria
  • 6º Educación Primaria

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo