Convidámosvos aos maios

Estimadas familias:

Como todos os anos convídase a participar aos maios a toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes. A celebración será a partir das 11.30 horas na explanada superior do colexio, o día 24 de maio. Este ano tamén se convida ao CEIP de prácticas López Ferreiro, que aínda que non estará presente o día 24, fará unha visita ao noso colexio para compartir o baile das cintas en datas próximas antes do remate do curso. O alumnado de 6º compartirá o baile de cintas con este centro e achegará un vídeo da celebración dos maios. Esperamos que vos guste!

Un saúdo e bo maio.

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2024-2025

Estimadas familias:

O prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (do 21/05/2024 ao 3/06/2024). 

Documentación Adxunta:

BOP

Bases da convocatoria

Impreso de solicitude

Publicación Base Nacional de Subvencións 

AXUDAS LIBROS 2024/2025

Estimadas familias:

 A Consellería publicou a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula o Fondo Solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar:

  - Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

  • Renda igual ou inferior a 6.000 euros (240 euros)
  • Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (160 euros)                                                           

  - Fondo Solidario de Libros de Texto para alumnado de 3º e 4º de Primaria, xa que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria utiliza o Proxecto E-dixgal e non precisa solicitalo.

  • Renda igual ou inferior a 6.000 euros (6 libros)
  • Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (4 libros)  

  - Axudas para adquirir material escolar de Educación Primaria. Lembrade que o alumnado de 5º e 6º de E-dixgal poden solicitar esta axuda.

 

  • Renda igual ou inferior a 6.000 euros (75 euros)
  • Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (60 euros)  

 Achéganse as seguintes quendas para a presentación de solicitudes: 

Data e hora

Solicitude de libros de texto

Solicitude de material

Do 21 ao 28 de maio de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 1º de Educación Primaria

Alumnado que pasa para 1º e 5º de Educación Primaria (5º non pode solicitar libros de texto xa que utiliza computadores do proxecto E-dixgal)

Do 29 de maio ao 5 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 2º de Educación Primaria

Alumnado que pasa para 2º e 6º de Educación Primaria (6º non pode solicitar libros de texto xa que utiliza computadores do proxecto E-dixgal)

Do 6 ao 13 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 3º de Educación Primaria

 

Do 14 ao 21 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 4º de Educación Primaria

 

***Do 21 de maio ao 21 de xuño no IES no que solicita praza***

***Alumnado que pasa para 1º da ESO***

A solicitude é única para todos/as os fillos/as que estean matriculados no mesmo centro. A solicitude pode cumprimentarse:

 - De xeito manual, imprimindo ou recollendo o anexo I e II e facendo a entrega de forma presencial no centro nas datas indicadas.

 - Na aplicación Fondo Libros, xerando un número de solicitude e realizando a presentación ben na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou ben de forma presencial no centro.

 ***Lembrade que o prazo para a presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos inclusive.***

Para máis información premer:

Enlace a Fondo Libros

Anexos I e II

Día das Letras Galegas

Estimadas familias:

O venres 17 de maio é o día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta. Ao tratarse dun día festivo autonómico non hai clase. Retómase a actividade lectiva o luns 20 de maio.

Un saúdo e boa ponte. 

 
 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS/OS E NON ADMITIDAS/OS 2024-2025

Estimadas familias:

As listaxes definitivas do alumnado para o vindeiro curso 2024-2025 están expostas no taboleiro de anuncios do colexios. Lembrar que o período de matrícula é do 20 ao 30 de xuño (A documentación está na WEB).

Un saúdo. 

PONTE DA ASCENSIÓN

Estimadas familias:

Os días 9 e 10 de maio serán non lectivos debido á festividade da Ascensión e ao día escollido polo claustro.

Un saúdo.

BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Xa se poden cubrir as becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. O prazo estará aberto do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. 

Para acceder ao trámite premer aquí. 

Día do libro 24/04/2024

O día do libro foi un día de celebración...

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS E NON ADMITIDAS/OS DE EDUCACIÓN PRIMARIA - CURSO 2024-25

Estimadas familias:

As listaxes provisionais de admitidas/os e non admitidas/os de educación primaria para o curso 2024-25 están no taboleiro do colexio.

Un saúdo.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS/OS. CURSO 2024-2025

Estimadas familias:

Xa están publicadas, no taboleiro de novas do centro, as listaxes de admitidos definitivos de 4º de Educación Infantil para o curso 2024-2025. Todas as solicitudes están admitidas.

***Queda pendente de publicación de admitidos de 3º e 5º de educación primaria.***

O prazo de matriculación será do 20 ao 30 de xuño. Estade pendentes da páxina WEB xa que será o lugar onde estará toda a documentación necesaria.

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top