Noticieiro dixital

MURAL LEANDRO LAMAS

A semana pasada visitounos Leandro Lamas. Coa axuda do alumnado de 6º pintou este fermoso mural.

Esta actividade foi financiada pola ANPA con fondos da Deputación da Coruña.

PREMIOS CONCURSO DÍA DO LIBRO

Xa temos as gañadoras e gañadores do concurso da biblioteca!! Os traballos premiados foron os seguintes: aula de 4 anos B; Adrián (2ºA); Noa (3º A) e Martina (6º B). 

 

DÍA DA MULLER

PREME NAS IMAXES PARA VER AS ACTIVIDADES DOS CURSOS

 

DÍA DE ROSALÍA 2023

 PREME NA IMAXE DE ROSALÍA PARA VER AS ACTIVIDADES

CELSO F. SANMARTÍN

O venres 23 visitounos Celso F. Sanmartín. Agora xa sabemos que

dende Lalín se pode ver o mar!! Canto gozamos escoitándoo!!!

Esta actividade foi proposta polo EDLG e financiada pola ANPA con

fondos da Deputación da Coruña. 

 

DÍA DA PAZ 2023

 

 

 

VISITA Á IGREXA DE SAN MIGUEL

Onte fixemos unha actividade que estábamos desexando recuperar despois destes dous anos de pandemia. Fomos a visitar o órgano da igrexa de San Miguel. 

Como xa viña sendo tradición as nenas e os nenos de 6º cara o fin de curso tiñamos por costume facer esta visita didáctica tan bonita e interesante tendo como guía nada máis e nada menos que ao seu organista; Miguel Sánchez que ademais éo pai de dúas alumnas do colexio. Moitas grazas Miguel! Unha vez máis todo un éxito! Parabéns! 

Completamos a mañá con outra actividade tamén moi interesante; a visita ao museo das Peregrinacións. Queremos darlle as grazas tamén ás voluntarias que nos explicaron con paciencia e entusiasmo as historias e anécdotas diante de obxectos moi valiosos e atractivos que nos axudaron a entender mellor a historia da nosa cidade. Grazas! Aí vos queda unha pequena escolma destas actividades. 

 

A TROPA DE TRAPO E GRAFFITI

A semana pasada visitounos a Tropa de Trapo e tamén Leandro Lamas que xunto co alumnado de 6º de primaria pintaron un graffiti na parede do pavillón. Ambas actividades están financiadas pola ANPA con fondos da Deputación da Coruña.

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2022

O pasado venres 20 de maio celebramos no colexio a festa dos maios e das Letras Galegas. Aínda que non puidemos ter o público doutros anos, aquí vai un pequeno resumo desta festa tan especial e coa que gozamos un montón!! 

Este ano contamos cuns invitados de luxo; Branca Villares e Pablo Pintor. Esta actividade foi financiada pola ANPA con fondos da deputación da Coruña. 

 

Distribuir contido

Back to top