Solicitude de Admisión no IES
Comunicámoslles que do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro, estará aberto o prazo para solicitar a reserva nos institutos adscritos ao noso colexio (IES Antonio Fraguas e IES Xelmírez II).
Se os/as alumnos/as van solicitar praza noutro centro non adscrito ao CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, deberán facelo durante o período ordinario de admisión (normalmente entre o 1 e o 21 de marzo).
IMPORTANTE: A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis)
Un cordial saúdo,
Equipo Directivo.
BO NADAL
Estimadas familias:
O vindeiro luns 9 de xaneiro de 2023 reanúdanse as clases.
Moi Bo Nadal e próspero Aninovo.
Boas Festas!
Eleccións a Consello Escolar
O proceso de eleccións ao Consello Escolar do centro comezou coa constitución da Xunta Electoral. A información sobre o proceso foi achegada por correo electrónico. A continuación achégase a folla de inscripción das candidaturas. Lembrar que o prazo comeza hoxe día 10 de novembro e remata o día 18 ás 14.00 horas.
Un saúdo.
RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR: SORTEO DE MEMBROS PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
Estimadas familias:
Este ano comeza a renovación do Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes. O proceso estará regulado a través da Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para as eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
A organización e a supervisión do procedemento de elección de novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, integrada por:
- O director
- Un profesor ou profesora
- Un pai ou unha nai
- Un PAS
Os tres últimos serán designados por sorteo público segundo establece o artigo 30 do Decreto 98/1988, do 28 de abril e tamén se preverá a designación de membros suplentes. Celebrarase neste centro o próximo 2 de novembro, mércores, ás 9.05 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións das distintoas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.
Un saúdo.
PONTE DE TODOS OS SANTOS
Estimadas familias:
Só lembrar que o vindeiro luns día 31 de outubro é o día do ensino (festivo marcado pola administración) e o día 1 de novembro é o día de todos os santos (festivo estatal). Polo tanto retomaranse as clases o mércores día 2 de novembro.
Un saúdo.
HORARIO ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2022/2023 E PARA O PRIMEIRO DÍA
Posted Septembro 6th, 2022 by adminSOLICITUDE DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES. CURSO 2022-2023
Estimadas familias:
O Concello de Santiago abre o prazo de matrícula, para usuarias/os de comedor e madrugadoras/es, desde o venres 5 de agosto e remata o 29 de agosto, (os dous incluídos). Os novos usuarios deberán entregar cuberta a ficha de inscripción e posteriormente rexistrarse na APP ColeChef. Para calquera consulta dirixirse ao propio Concello. Achéganse catro documentos adxuntos na que aparece a información:
- Información, prazos e procedemento.
- Folla de inscrición nos sevizos de comedor e madrugadoras/es
- Descarga da aplicación Colechef para usuarias/os do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.
- Información da páxina WEB do Concello.
Un cordial saúdo.
TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023
Estimadas familias:
Infórmase que todas as solicitudes presentadas, para o uso do transporte escolar para o curso 2022-23, foron admitidas.
Un saúdo
