PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2020/2021

 

O xoves 4 de xuño publicárase a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020/2021. Tedes ata o martes 9 (incluído) para presentar reclamacións a estas listaxes. 

 

Atendendo á normativa vixente poderedes consultar estas listaxes da seguinte maneira:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

 

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo). Non obstante, nas páxinas web poderase anunciar o momento en que as listaxes estean dispoñibles na aplicación.

Back to top