PONTE DE TODOS OS SANTOS

Estimadas familias:

Só lembrar que o vindeiro luns día 31 de outubro é o día do ensino (festivo marcado pola administración) e o día 1 de novembro é o día de todos os santos (festivo estatal). Polo tanto retomaranse as clases o mércores día 2 de novembro.

Un saúdo.  

SOLICITUDE DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES. CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

O Concello de Santiago abre o prazo de matrícula, para usuarias/os de comedor e madrugadoras/es, desde o venres 5 de agosto e remata o 29 de agosto, (os dous incluídos). Os novos usuarios deberán entregar cuberta a ficha de inscripción e posteriormente rexistrarse na APP ColeChef. Para calquera consulta dirixirse ao propio Concello. Achéganse catro documentos adxuntos na que aparece a información:

- Información, prazos e procedemento.

- Folla de inscrición nos sevizos de comedor e madrugadoras/es

- Descarga da aplicación Colechef para usuarias/os do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.

- Información da páxina WEB do Concello.

Un cordial saúdo.

 

TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023

Estimadas familias:

Infórmase que todas as solicitudes presentadas, para o uso do transporte escolar para o curso 2022-23, foron admitidas.

Un saúdo

LISTAXES DEFINITIVAS DE LIBROS DE TEXTO

Xa están publicadas as listaxes definitivas de libros de texto. Podedes consultalo no taboleiro de anuncios do colexio ou chamando por teléfono ao centro. 

Solicitude de Transporte Escolar para o curso 2022-2023

Estimadas familias:
 

Debido á demanda que existen nalgunhas das rutas de transporte que hai no colexio, vémonos na obriga de fagan a solicitude por escrito e a entreguen a través do e-mail do colexio (ceip.monte.postes@edu.xunta.gal) ou ben de forma presencial no colexio entre as 9.30 e as 13.30 horas ata o día 11 de xullo incluído. No caso de non recibir e-mail de confirmación do envío procedan a chamar ao centro para comprobar a chegada da solicitude. Ao longo deste mes elaboraranse as listaxes de transporte para o vindeiro curso que se poderán consultar no taboleiro do centro, ou ben de forma telefónica. 

A continuación, achéganse tres documentos, un de solicitude de praza, outro de información do servizo de transporte e por último as rutas de transporte. Para comprobar o nome das rutas de autobús e dos itinerarios tamén pode facilitar o cotexo ma páxina web do centro no apartado transporte para comprobar as fotografías das paradas. 

No caso de non querer solicitar o transporte fagan caso omiso a esta mensaxe.

Recibide un cordial saúdo.

 
Documentos:

RECOLLIDA DO CHEQUE DE LIBROS E MATERIAL

Estimadas familias:

Entre o 5 e o 11 de xullo (ambos incluídos), ás familias que o solicitaron, poden recoller o cheque de libros (1º e 2º de Educación Primaria) e de material (todos os cursos), en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

Xa está publicada, no taboleiro de anuncios do colexio, a listaxe provisional do Fondo Solidario. O prazo de reclamacións remata o mércores 6 de xullo.

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top