SOLICITUDE DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES 2023-2024

Estimadas familias:

O Concello de Santiago de Compostela abre o prazo de matrícula para usuarias/os de comedor e madrugadoras/es, desde o 18 de xullo ao 28 de agosto de 2023 (os dous incluídos). As/Os novas/os usuarias/os deberán entregar cuberta a ficha de incripción e achegarana ao Concello de Santiago de Compostela, ben a través de xeito telemático na sede electrónica ou ben presencial no rexistro xeral; posteriormente rexistraranse na APP ColeChef. Para calquera consulta dirixirse ao Departamento de Educación do Concello a través dos teléfonos: 981 554 400/981 554 401. Achéganse unha serie de documentos de interese:

- Información, prazos e procedemento.

- Carta informativa da APP ColeChef.

- Folla de inscrición nos servizos de comedor e madrugadoras/es.

- Nota informativa sobre cobro do servizo de madrugadoras/es e comedor.

- Nota informativa relativa a ausencias.  

Un cordial saúdo.

Back to top