Moncho - In memoriam

O venres 17 de febreiro deixounos Ramón Díaz (Moncho) membro fundador de Fuxan os Ventos, un dos grupos máis emblemáticos de Galicia.

Neste colexio tivemos o luxo de contar coa súa presenza xunto con Guille, de “Berrogüeto”, e Faia de “De Vacas” en maio de 2018.

Desde o ano 2020 forma parte da comunidade educativa de Monte dos Postes.

Hoxe queremos facerlle unha pequena homenaxe recordándoo neste vídeo nunha emotiva actuación que cantamos con el a canción “O carro”. Fermosa canción para unha voz ben fermosa.

Grazas a estes artistas e especialmente a Moncho por facernos tan felices ese día. Nunca te esqueceremos!!!.

Back to top