RECOLLIDA DO CHEQUE DE LIBROS E MATERIAL
Estimadas familias:
Entre o 28 de xuño e o 7 de xullo (ambos incluídos), as familias que o solicitaron, poden recoller o cheque de libros (1º e 2º de Educación Primaria) e de material (todos os cursos), en horario de 9.30 a 13.30 horas.
Un saúdo.
REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS
O mércores 28 de xuño ás 10.00h haberá unha reunión para
as familias do alumnado de 3 anos que se incorpora ao centro
para o curso que vén.
MURAL LEANDRO LAMAS
Posted Maio 31st, 2023 by adminA semana pasada visitounos Leandro Lamas. Coa axuda do alumnado de 6º pintou este fermoso mural.
Esta actividade foi financiada pola ANPA con fondos da Deputación da Coruña.
BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE
XA SE PODEN CUBRIR AS BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFÍCA DE APOIO EDUCATIVO.
O PRAZO ESTARÁ ABERTO DO 8 DE MAIO AO 20 DE SETEMBRO
PARA ACCEDER AO TRÁMITE PREMER AQUÍ.
AXUDAS LIBROS 2024/2025
Estimadas familias:
A Consellería publicou a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula o Fondo Solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar:
- Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
- Renda igual ou inferior a 6.000 euros (240 euros)
- Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (160 euros)
- Fondo Solidario de Libros de Texto para alumnado de 3º e 4º de Primaria, xa que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria utiliza o Proxecto E-dixgal e non precisa solicitalo.
- Renda igual ou inferior a 6.000 euros (6 libros)
- Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (4 libros)
- Axudas para adquirir material escolar de Educación Primaria. Lembrade que o alumnado de 5º e 6º de E-dixgal poden solicitar esta axuda.
- Renda igual ou inferior a 6.000 euros (75 euros)
- Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (60 euros)
Achéganse as seguintes quendas para a presentación de solicitudes:
Data e hora |
Solicitude de libros de texto |
Solicitude de material |
Do 21 ao 28 de maio de 9.00 a 14.00 horas |
Alumnado que pasa para 1º de Educación Primaria |
Alumnado que pasa para 1º e 5º de Educación Primaria (5º non pode solicitar libros de texto xa que utiliza computadores do proxecto E-dixgal) |
Do 29 de maio ao 5 de xuño de 9.00 a 14.00 horas |
Alumnado que pasa para 2º de Educación Primaria |
Alumnado que pasa para 2º e 6º de Educación Primaria (6º non pode solicitar libros de texto xa que utiliza computadores do proxecto E-dixgal) |
Do 6 ao 13 de xuño de 9.00 a 14.00 horas |
Alumnado que pasa para 3º de Educación Primaria
|
|
Do 14 ao 21 de xuño de 9.00 a 14.00 horas |
Alumnado que pasa para 4º de Educación Primaria
|
|
***Do 21 de maio ao 21 de xuño no IES no que solicita praza*** |
***Alumnado que pasa para 1º da ESO*** |
A solicitude é única para todos/as os fillos/as que estean matriculados no mesmo centro. A solicitude pode cumprimentarse:
- De xeito manual, imprimindo ou recollendo o anexo I e II e facendo a entrega de forma presencial no centro nas datas indicadas.
- Na aplicación Fondo Libros, xerando un número de solicitude e realizando a presentación ben na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou ben de forma presencial no centro.
***Lembrade que o prazo para a presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos inclusive.***
Para máis información premer:
PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE VERÁN 2023
Estimadas familias:
Ábrese o prazo para solicitude dos campamentos de verán 2023 que oferta o Concello de Santiago. O prazo de solicitude de inscrición establécese entre o 15 e o 22 de maio (ambos os dous inclusive).
PONTE DAS LETRAS GALEGAS E ASCENSIÓN
Estimadas familias:
O mércores 17 de maio é o día das Letras Galegas; o xoves 18 de maio, celébrase a festa da Ascensión (festa local no Concello de Santiago de Compostela); e, o venres día 19 maio é o día non lectivo solicitado polo Consello Escolar do Centro, polo que tampouco haberá clase.
As clases reanudaranse o luns 22 de maio.
Un saúdo
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS/OS
Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as para o curso 2023/2024. Non houbo cambios con respecto ás provisionais. Lembrade que o período de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.
Un saúdo.
PREMIOS CONCURSO DÍA DO LIBRO
Posted Abril 27th, 2023 by adminXa temos as gañadoras e gañadores do concurso da biblioteca!! Os traballos premiados foron os seguintes: aula de 4 anos B; Adrián (2ºA); Noa (3º A) e Martina (6º B).
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »