Folga do 24 de outubro
Estimadas familias:
O día 24 de outubro está convocada unha folda do persoal docente:
1. O colexio abrirá as súas portas en aplicación da Orde do 17 de outubro de 2023 de servizos mínimos, polo que vostedes poderán exercer o dereito de enviar ás/aos súas/seus fillas/os á escola.
2. Non se pode garantir que se impartan as aulas de xeito normalizado, porén manteranse a vixilancia e coidado das/dos menores de idade que acudan ao centro.
3. Independentemento dos prexuizos que esta medida pode causar nas familias o exercicio á folga é un dereito recoñecido pola nosa Constitución (art. 28.2).
4. O servizo de transporte e comedor funcionarán con normalidade.
Un saúdo,
A dirección do Centro.
INFORMACIÓN PARA AS ACTIVIDADES DO PAVILLÓN "MONTE DOS POSTES"
Estimadas familias:
Hoxe, día 19 de outubro de 2023, suspéndese a actividade extraescolar de baloncesto debido as condicións climáticas (pola tarde). A actividade de "Predeporte" realizarase no colexio. Síguense as recomendacións indicadas polo Concello.
Un saúdo.
Día do Pilar
Estimadas familias:
O día do Pilar, 12 de outubro, é festivo polo tanto non haberá actividade lectiva no centro. Reanudaranse as clases o venres 13 de outubro.
Un saúdo.
Comezo do curso 2023-2024
Estimadas familias:
O vindeiro 11 de setembro comezan as clases ás 9.00 horas e rematan ás 14.00 horas, agás os/as alumnos/as de período de adaptación de Educación Infantil (3 anos). A continuación achégase un cadro de entradas e saídas do alumnado.
ENTRADA |
9:00 |
SAÍDA |
13:55 |
14:00 |
Psicomotricidade |
1º A 6ºA 1º B 6ºB 2º C 5ºA 2º B 5ºB |
Psicomotricidade |
1º A 1º B 2º C 2º B |
6ºA 6º B 5º A 5º B |
Dirección |
3º A 4ºA 3ºB 4ºB 2ºA |
Dirección |
2º A |
3ºA 3ºB 4ºA 4ºB |
Zona ascensor |
5 anos A 5 anos B 3 anos A 3 anos B |
Zona ascensor |
3 anos A 3 anos B
|
5 anos A 5 anos B |
Porta sala caldeiras |
4 anos B |
Porta sala caldeiras |
4 anos B
|
-------------- |
Porta principal |
4 anos A |
Porta principal |
4 anos A |
------------- |
Un saúdo.
SOLICITUDE DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES 2023-2024
Estimadas familias:
O Concello de Santiago de Compostela abre o prazo de matrícula para usuarias/os de comedor e madrugadoras/es, desde o 18 de xullo ao 28 de agosto de 2023 (os dous incluídos). As/Os novas/os usuarias/os deberán entregar cuberta a ficha de incripción e achegarana ao Concello de Santiago de Compostela, ben a través de xeito telemático na sede electrónica ou ben presencial no rexistro xeral; posteriormente rexistraranse na APP ColeChef. Para calquera consulta dirixirse ao Departamento de Educación do Concello a través dos teléfonos: 981 554 400/981 554 401. Achéganse unha serie de documentos de interese:
- Información, prazos e procedemento.
- Carta informativa da APP ColeChef.
- Folla de inscrición nos servizos de comedor e madrugadoras/es.
- Nota informativa sobre cobro do servizo de madrugadoras/es e comedor.
- Nota informativa relativa a ausencias.
Un cordial saúdo.
LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO
Xa está publicada, no taboleiro de anuncios do colexio, a listaxe definitiva do Fondo Solidario (14/07/2023).
Un saúdo.
LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO
Posted Xullo 11th, 2023 by adminXa está publicada, no taboleiro de anuncios do colexio, a listaxe provisional do Fondo Solidario. O prazo de reclamacións remata o xoves 13 de xullo.
Un saúdo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »