PONTE DE ENTROIDO

Estimadas familias:

Ata o vindeiro xoves día 27 de febreiro, non se retoman as clases. Pasade un moi bo Entroido.

Un saúdo.

RESERVA DE PRAZA - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Entre o 1 e o 17 de febreiro comeza a reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Antonio Fraguas ou ao IES Xelmírez II. Para a reserva hai dúas maneiras:

- Reserva de praza Online. Cubrir, imprimir e entregar no CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.

- Impreso en papel. Cumprimentar e entregar no CEIP Plurilingüe Monte dos Postes. 

Un saúdo. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

O martes 3 de marzo ás 18.30 horas realizarase a xornada de portas abertas dirixida ás familias que teñen previsto solicitar praza para as/os súas/seus fillas/os no noso centro no vindeiro curso 2020/2021

Un saúdo.

Modificación da Norma sobre aparcamento

 

Estimadas familias:

A partir do luns 25 de novembro non se poderá acceder co coche á explanada superior do centro. A zona de aparcamento quedará restrinxida ás prazas que existen na pendente de entrada. Esta restrición afectará a calquera vehículo particular durante todo o día.

 

A dirección do centro toma esta medida xa que o grande volume de vehículos que circula no centro non nos permite garantir a seguridade dos peóns. O espazo de aparcamento, polo tanto, verase reducido. Recoméndase aparcar fora do recinto escolar sobre todo pola tarde. Lémbrase que a porta que dá as Cancelas estará aberta de 16.00 a 18.30 horas.

Un saúdo,

Equipo Directivo.

 

XL ANIVERSARIO

Estimadas familias:

Co gallo do 40 Aniversario do colexio, o día 2 de xuño, na TVG saeu unha reportaxe do noso centro. A continuación achégase a ligazón.

Premer aquí.

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR, MATERIAL ESCOLAR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias:

Dende hoxe e por un prazo de 15 días hábiles (ata o 14 de xuño), estará aberto o prazo para a súa solicitude de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares. Poden optar á convocatoria as unidades familiares e de convivencia empadroadas no Concello de Santiago, con persoas menores ao seu cargo escolarizadas nos centros docentes públicos ou concertados do municipio sostidos con fondos públicos, que cursen Educación Infantil (segundo ciclo) ou Educación Primaria. Ademais, para a modalidade de escaseza de recursos non se pode superar a renda per cápita de 6.454,08 €/ano (IPREM). No caso da conciliación, o baremo económico é que a renda máxima familiar non pode superar os 22.589,28 €/ano (3,5 veces o IPREM e é preciso acreditar a xornada laboral de ambos proxenitores, titores legais ou soamente da persoa solicitante no caso de separacións, divorcios e familias monoparentais.

A continuación achéganse os arquivos adxuntos que fan referencia á convocatoria:

Impreso de solicitude

Convocatoria no BOP

Bases reguladoras

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO / AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO / MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

A Consellería publicou onte a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula o Fondo Solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar:

- Fondo Solidario de Libros de Texto para alumnado de 3º e 4º de Primaria, xa que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria utiliza o Proxecto E-dixgal e non precisa solicitalo.

- Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar de Educación Primaria con renda inferior ou igual a 5400€, cunha discapacidade igual ou superior ao 65% ou en garda ou tutela pola Xunta. Lembrar que o alumnado de 5º e 6º de E-dixgal poden solicitar esta axuda.

***Lembrade que o prazo para a presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos inclusive.***

Para máis información premer:

Convocatoria

Anexo I

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Estimadas familias:

Ata o martes día 23 de abril non se reanudará a actividade académica.

Boas vacacións.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019-2020

Estimadas familias:

Todas as solicitudes recibidas ata o día 20 de marzo teñen garantida a súa praza neste centro. Antes do 25 de abril publicaranse as listaxes provisionais e antes do 15 de maio as definitivas. A matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño. Estade atentos/as á páxina web.  

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top