PONTE DO PILAR

Estimadas familias:

A vindeira semana non haberá clases o luns día 11 e o martes día 12. O primeiro deles por ser o día escollido pola Consellería de Educación como o día do Ensino e o segundo por ser a festividade do Pilar. Polo tanto retomaranse as clases o mércores día 13.

Un saúdo e boa Ponte!

BECAS ALUMNADO CON NEAE (2021/2022)

Publicadas no BOE do (02/08/2021) a convocatoria de becas e axudas para o alumnado con necesiades específicas de apoio educativo. O prazo de presentación comenzou o día 3 /08/2021 e rematará o  30/09/2021.

ENLACE PARA A SOLICITUDE

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO

Estimadas familias:

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do colexio a listaxe definitiva do fondo solidario para 3º e 4º.

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

Xa está publicada, no taboleiro de anuncios do colexio, a listaxe provisonal do Fondo Solidario. O prazo de reclamacións remata o mércores 7 de xullo.

RECOLLIDA DO CHEQUE DE LIBROS E MATERIAL

Estimadas familias:

Entre o 2 e o 9 de xullo (ambos incluídos), as familias que o solicitaron, póden recoller o cheque de libros (1º e 2º de Educación Primaria) e de material (todos os cursos), en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Un saúdo.

SOLICITUDE DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES. CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

O prazo de matrícula ábrese do mércores 30 de xuño e remata o 14 de xullo, (ámbolos dous inclusive). Os novos usuarios deberán entregar cuberto o correspondente impreso de matrícula, que poderá descargarse da web www.santiagodecompostela.gal, e deberán rexistrarse posteriomente na APP ColeChef.

Un saúdo. (Actualizado 30/06/2021)

Achéganse os seguintes enlaces:

Información xeral

Información APP para Comedor Monte dos Postes

Impreso de inscrición

Páxina Web do Concello co contido

 

REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE SE INCORPORA AO CENTRO NO VINDEIRO CURSO 2021-2020

Estimadas familias:

O luns día 28 de xuño celebrarase unha reunión informativa para o novo alumnado de Educación Infantil. A reunión será de forma virtual utilizando a plataforma CiscoWebex. Haberá dúas quendas: a primeira ás 10.30 horas e a segunda ás 11.30 horas.

Agradecerásevos a convocatoria á sala de reunión a través do correo electrónico.

Un saúdo.

Recollida dos Historiais académicos de 6º

Estimadas familias:

Desde hoxe, día 23 ata o 25 de xuño (incluídos) pódese vir a recoller en horario de 9.00 ata as 14.00 horas os historiais académicos de 6º de Educación Primaria.

Un saúdo.

Matrícula para o curso 2021-2022

Estimadas familias:

Ábrese o prazo para a matrícula de novo alumnado para o curso 2021-2022 admitido neste centro. O prazo de matrícula será o comprendido entre o 20 e o 30 de xuño ambos incluídos.

Un saúdo.

Para máis información premer aquí

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Achégase a convocatoria de axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (2º ciclo) e de Educación Primaria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2021-2022. O prazo de solicitude remata o día 22 de xuño (este incluído).

A continuación achéganse os documentos:

- Publicación no BOP

- Bases da convocatoria e anexos

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top