CADRO RESUMO DE ACTUACIÓN ANTE CASOS COVID (NOVA NORMATIVA)

Estimadas familias:

Nos seguintes enlaces achégase a forma de actuación ante casos COVID:

- Cadro Resumo (Premer aquí)

- Plan COVID actualizado (Premer aquí)

Un saúdo.

DÍA DA PAZ 2022

Este pasado venres, 28 de xaneiro, celebramos no colexio o día escolar pola PAZ.

Bailamos e cantamos Terra a canción das Tanxugueiras co seu famoso retrouso

NON HAI FRONTEIRAS.

 

RESERVA DE PRAZA - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

Entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro comeza a reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Antonio Fraguas ou ao IES Xelmirez II. Para a reserva de praza hai dúas maneiras:

- Reserva de praza Online. Cubrir, imprimir e entregar no CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.

- Impreso en papel. Cumprimentar e entregar no CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.

Un saúdo.

BO NADAL

Estimadas familias:

As vacacións de Nadal comprenden do 22 de decembro de 2021 ao 9 de xaneiro de 2022, ambos inclusive. O luns día 10 de xaneiro reanúdanse as clases.

Desde o CEIP Plurilingüe Monte dos Postes desexámosvos un moi Bo Nadal.

CANTOS DE REIS 2021

Para o día de hoxe estaba prevista a visita de Branca

Villares e Pablo Pintor.

Finalmente, non puido ser, mais, como é tradición no

noso colexio, os reis non quedaron sen cantar.

Boas festas!!!

BO NADAL 2021

Días festivos da semana da Constitución

Estimadas familias:

A vindeira semana o día 6 e o día 8 de decembro son festivos (día da Constitución e día da Inmaculada). O martes 7 de decembro é día lectivo polo tanto haberá clase e servizos complementarios (transporte e comedor).

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top