Noticieiro dixital

Obradoiro sobre os artrópodos

 

A semana pasada realizouse no centro unha charla sobre os artrópodos. Asistiu o alumnado de 6º de EI e 1º EP. Dita actividade foi financiada pola ANPA con fondos da Deputación da Coruña. 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)

Na semana do 8 de marzo quixemos facer unha pequena homenaxe a todas as nosas matriarcas adicándolle este vídeo cos nosos corazóns feministas ao son da canción de Guadi Galego "Matriarcas".

Grazas á colaboración da ANPA, nas clases de 5º e 6º impartíronse obradoiros de prevención de violencias e fomento da igualdade a cargo de Branca Villares.

Somos feministas porque o feminismo é igualdade!!

DÍA DA PAZ 2022

Este pasado venres, 28 de xaneiro, celebramos no colexio o día escolar pola PAZ.

Bailamos e cantamos Terra a canción das Tanxugueiras co seu famoso retrouso

NON HAI FRONTEIRAS.

 

CANTOS DE REIS 2021

Para o día de hoxe estaba prevista a visita de Branca

Villares e Pablo Pintor.

Finalmente, non puido ser, mais, como é tradición no

noso colexio, os reis non quedaron sen cantar.

Boas festas!!!

BO NADAL 2021

LABORATORIO ITINERANTE DAS CIENCIAS: A AUGA

 

Durante catro días puidemos gozar, no colexio, dun laboratorio sobre a auga cedido pola Asociación Ambiental ADIANTUM.

Distribuir contido

Back to top