Skip to Content

Novas

CAMBIOS NA MATRÍCULA DA OPCIÓN RELIXIÓN-VALORES

AS FAMLIAS QUE DESEXEN FACER CAMBIOS NA MATRÍCULA DO ALUMNADO RESPECTO DAS OPCIÓNS RELIXIÓN-VALORES PODERÁN REALIZALOS UNICAMENTE ENTRE O 20-30 DE XUÑO.

DEBRERÁN PRESENTAR ASINADO NA SECRETARÍA DO CENTRO O FORMULARIO QUE SE ADXUNTA.

BONO COIDADO E PRAZAS CAMPAÑA DE VERÁN 2020

NOS  ENLACES PODEN ACCEDER Á INFORMACIÓN RELATIVA AO BONO COIDADO E CAMPAÑA DE VERÁN 2020.

 

MATRÍCULA ALUMNADO NOVO CURSO 2020-21

O PRAZO PARA A MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-21 SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO.

NOS ADXUNTOS ACHEGAMOS O ANEXO III DE MATRÍCULA E DIVERSOS MODELOS DE AUTORIZACIÓNS DO CENTRO PARA A SÚA DESCARGA ASÍ COMA A INFORMACIÓN REMITIDA POR CARTA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS.

HORARIO DE APERTURA DO CENTRO

 

 

 

O CENTRO ESTARÁ ABERTO

DE LUNS A VENRES

EN HORARIO DE 9-14 h

PARA OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

DAS AXUDAS DE LIBROS E OUTROS.

 

RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE PRÉSTAMO NO CENTRO

AS FAMILIAS XA PODEN RETIRAR O MATERIAL DE AULA DOS SEUS FILLOS E FILLAS NO HORARIO COMUNICADO E DEVOLVER OS LIBROS, OUTROS MATERIAIS E MOCHILAS VIAXEIRAS DA BIBLIOTECA.

 

TAMÉN DEBERÁN ENTREGAR OS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO CORRESPONDENTES A 4º E 6º DE PRIMARIA NA SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO ASÍ COMA O MATERIAL INFORMÁTICO PRESTADO 

( TABLETS-ORDENADORES)

AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º E 5º PODEN TAMÉN ENTREGAR OS LIBROS E MATERIAL PRESTADO DENDE ESTA SEMANA ATA O 19 DE XUÑO.

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

RESULTOU ADMITIDO TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO NOSO CENTRO.

 

A FINAIS DO MES DE XUÑO AS FAMILIAS RECIBIRÁN UNHA COMUNICACIÓN DO CENTRO COA INFORMACIÓN PRECISA PARA  A MATRICULACIÓN DO ALUMNADO .

“UNHA CITA EN GALEGO”

No documento adxunto  tedes unha tarefa proposta desde a biblioteca para este mes de maio con motivo das Letras Galegas.

ADMISIÓN 2020-21

COMUNICAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE O PROCESO DE ADMISIÓN EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2020-21 ABRANGUERÁ DO 1 AO 20 DE MARZO, DE ACORDO CO ESTABLECIDO NA LEXISLACIÓN DE REFERENCIA. LEMBRAMOS QUE ESTE PROCESO É UNICAMENTE PARA O ALUMNADO NOVO,  PORQUE  O ALUMNADO  XA  MATRICULADO NO CENTRO TEN GARANTIDA A RESERVA DE PRAZA DE XEITO AUTOMÁTICO.

Proceso de escolarización e prazos

 O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), nos prazos que determina a Disposición Adicional Primeira da Orde do 12 de marzo de 2013.

O prazo de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2020, ambos incluídos.

Solicitudes de admisión

As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse mediante o modelo anexo II, (procedemento  ED550B). Os formularios poderán cumprimentarse:

1.    Na aplicación admisionalumnado, ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias.

2.    Tamén se poderán descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na direcciónhttps://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923 .

3.    Accedendo aos documentos adxuntos

 

 

Os centros educativos facilitarán, de forma gratuíta, unha copia en papel dos formularios ás persoas interesadas que a soliciten.

Formalización das solicitudes

 A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo que a rexistrará, ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 Para mais información poden tamén acceder ao cartel que se adxunta.

Distribuir contido


by Dr. Radut