Skip to Content

ADMISIÓN 2020-21

COMUNICAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE O PROCESO DE ADMISIÓN EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2020-21 ABRANGUERÁ DO 1 AO 20 DE MARZO, DE ACORDO CO ESTABLECIDO NA LEXISLACIÓN DE REFERENCIA. LEMBRAMOS QUE ESTE PROCESO É UNICAMENTE PARA O ALUMNADO NOVO,  PORQUE  O ALUMNADO  XA  MATRICULADO NO CENTRO TEN GARANTIDA A RESERVA DE PRAZA DE XEITO AUTOMÁTICO.

Proceso de escolarización e prazos

 O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), nos prazos que determina a Disposición Adicional Primeira da Orde do 12 de marzo de 2013.

O prazo de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2020, ambos incluídos.

Solicitudes de admisión

As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse mediante o modelo anexo II, (procedemento  ED550B). Os formularios poderán cumprimentarse:

1.    Na aplicación admisionalumnado, ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias.

2.    Tamén se poderán descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na direcciónhttps://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923 .

3.    Accedendo aos documentos adxuntos

 

 

Os centros educativos facilitarán, de forma gratuíta, unha copia en papel dos formularios ás persoas interesadas que a soliciten.

Formalización das solicitudes

 A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo que a rexistrará, ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 Para mais información poden tamén acceder ao cartel que se adxunta.

AdxuntoTamaño
cartel admisión 2020-21.pdf323.06 KB
anexo II galego.pdf1.13 MB
anexo II castelán.pdf1.13 MB

  O Patio que soñaMOS

               



page | by Dr. Radut