Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

Na ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) veñen convocadas as axudas relativas ao FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DO CURSO  2023/2024, para:

 

1.     Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP

 

2.     Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas ao alumnado con discapacidade ≥ 65% e con necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-.

 

3.     Axudas para adquirir material escolar

 

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos.

Presentación:

De forma presencial no centro: en HORARIO EXCLUSIVO DE 13-14h.

Os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Unha vez que teñan cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de solicitude.

Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

• No centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

·    Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación:

Anexo I

Anexo II

(Premendo nos enlaces terán acceso aos anexos)

Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

Documentación acreditativa de situacións alegadas: Violencia de xénero-alumnado de tutela ou garda da Xunta de Galicia....

No caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE: Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2021 dividido entre o número de membros computables.

- Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.

- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2021, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

- As persoas sen residencia fiscal en España no ano 2021 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable dos ingresos da unidade familiar.

 - Nos casos de violencia de xénero non se incluirá ao agresor na solicitude e, polo tanto, non se terán en conta os seus ingresos para determinar a renda per cápita.

 

 

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

A CONVOCATORIA PARA O CURSO 2023-2024 FOI PUBLICADA O  26 DE ABRIL DE 2023. PÓDENSE SOLICITAR AS AXUDAS DENDE O 8 DE MAIO ATA O 20 DE SETEMBRO DE 2023.

NO ENLACE PODEN ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN REFERENTE ÁS MESMAS:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

OS TRÁMITES NO CENTRO PODERÁN REALIZARSE EXCLUSIVAMENTE EN HORARIO DE SECRETARÍA DE LUNS A VENRES DE 13-14h.

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24

NO DÍA DE ONTE PUBLICÁRONSE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023-24 NOS DIFERENTES NIVEIS, QUE PODERÁN SER CONSULTADAS NO HORARIO DE APERTURA DO CENTRO POLOS INTERESADOS.

O CENTRO COMUNICA QUE TODOS OS SOLICITANTES OBTIVERON PRAZA NO NIVEL CORRESPONDENTE.

OBSERVA ACCIÓN

   

Presentamos a nosa memoria nun formato de presentación de Genial.ly, a cal contén as evidencias que, coma equipo docente, elaboramos para o programa Observa-Acción, do cal formamos parte este curso escolar.
Tamén presentamos unha reflexión conxunta de todo o observado entre os compañeiros e compañeiras nun podcast (integrado na presentación), e aportamos as evidencias do noso proceso de cambio coma claustro a partir da participación nestre programa de innovación educativa da Xunta de Galicia.

CULTURA POR SOLIDARIEDADE

Dende o equipo de biblioteca do centro poñemos en marcha a iniciativa “Cultura por solidarierade”, enmarcada dentro do proxecto do centro “Estamos aquí” e relacionada entre outros, cos seguintes obxectivos ODS:

 

A partir do martes 13 de Decembro e ata finais de curso o alumnado poderá levarse un libro do expurgo da bilbioteca a cambio de tapóns. Volvemos a realizar a recollida de tapóns no centro, colaborando así coa asociación “Tapones por el mundo”.  

Nesta ocasión, todo o recaudado irá destinado a Jairo, un neno de tres anos con unha dolencia catalogada como rara denomidada Metabolopatía por déficit de CPS-1.  

Esperamos recoller moitos tapóns! 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

 

 ( NO ADXUNTO TEDES MÁIS INFORMACIÓN)

 

 

 

ELECCIÓNS PARA RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

No día de hoxe a Xunta Electoral do centro, unha vez recibidas as actas, procede á proclamación dos candidatos elixidos de cada sector, que son:

Representantes do profesorado: Rosa Mª Encinas del Arco, Xosé Henrique Rozada Fernández e Lucía de Jesús González Dacosta.

Representantes dos pais/nais: Sira Mª Frías Rodríguez e Inés Estévez Carrera.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE TARDE 2022-23

As actividades extraescolares de tarde do presente curso comezarán o vindeiro 3 de outubro.

A distribución semanal queda como se amosa no cadro:

DÍAS

ACTIVIDADE

HORARIO

LUGAR

LUNS

FÚTBOL SALA

16:00-17:00

PAVILLÓN

MARTES

MULTIDEPORTE

16:00-17:00

XIMNASIO

PATINAXE

16:00-17:00

PAVILLÓN

MÉRCORES

INGLÉS(PRIMARIA)

16:00-17:00

AULAS DO CENTRO

BALONCESTO

16:00-17:00

PATIO

XOVES

TENIS DE MESA

16:00 – 17:30

XIMNASIO

VENRES

BALONMÁN

16:00-17:00

PAVILLÓN

TAEKWONDO

16:00-17:30

XIMNASIO

 

 

A ANPA quere lembrar ás familias que deben ser puntuais á hora de recoller aos nenos e nenas ao remate da actividade, xa que por normativa do centro non poden permanecer nas instalacións unha vez finalizadas as actividades. O incumprimento reiterado no horario de recollida poderá dar lugar  á exclusión da participación nas actividades extraescolares.

INFORMACIÓN DA AULA MADRUGA 2022-23

  • As familias do alumnado que precise utilizar o servizo de aula madruga deberán facer a súa inscrición no telefono 663047239 ou por correo electrónico ( ampaocastro@hotmail.es ) indicando o nome da alumna ou alumno, o curso e un número de teléfono de contacto. 


  • O horario do servizo é de 7:30 a 9:00

  •  

  •  

     

     

  •  Os prezos do servizo serán os seguintes: 

     

    Mes completo : 36 €  

  • Medio mes: 18 € 

  • Días soltos: 5 € 

CALENDARIO ESCOLAR 2022-23

NO ADXUNTO PODEN ACCEDER Á ORDE QUE REGULA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2022-23 OU A TRAVÉS DO ENLACE.

 

O CURSO ABRANGUERÁ DO 8 DE SETEMBRO DE 2022 AO 21 DE XUÑO 2023 

PERÍODOS DE VACACIÓNS:

 

1. NADAL: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

 

2. ENTROIDO: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023

 

3. SEMANA SANTA: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive

 

A CONSELLERÍA ESTABLECEU O DÍA DO ENSINO O VINDEIRO 31 DE OUTUBRO, POLO QUE ESE DÍA NON É LECTIVO.

O CENTRO TEN AUTORIZADO COMA DÍA DE CONVENIENCIA PEDAGÓXICA O 2 DE MAIO DE 2023,POLO QUE ESE DÍA NON SERÁ LECTIVO .

 

CLAUSTRO 2022-23

GRUPOS

TITORAS/ES

4º INFANTIL A

          MARÍA TERESA FERNÁNDEZ CARRERA

4º INFANTIL B

LAURA GIRÁLDEZ RODRÍGUEZ

5º INFANTIL

SILVIA ALONSO CARDOSO

6º INFANTIL A

     ANA ISABEL GARCÍA GARCÍA

6º INFANTIL B

   ANA BARREIRO CAMIÑA

1º PRIMARIA A

     CESÁREO MARTÍN GONZÁLEZ REGUEIRO

1º PRIMARIA B

JUAN CARLOS SEÑARÍS VIÑA

2º PRIMARIA A

             MARÍA JOSÉ VILLAR POCEIRO

2º PRIMARIA B

      JOSÉ ENRIQUE FERNÁNDEZ ROZADA

3º PRIMARIA A

   AIDA MOUCO TOMBO

3º PRIMARIA B

    JUDIT FARIÑA VILA

4º PRIMARIA

Mª SANDRA PEREIRA CABALEIRO

5º PRIMARIA

 

ELVIRA ISABEL FERNÁNDEZ PENA

(GASPAR TORRES FREITAS)

 

 

6º PRIMARIA A

YOLANDA FONTÁN FERNÁNDEZ

6º PRIMARIA B

MARÍA TERESA PÉREZ RODRÍGUEZ

MATERIAS

ESPECIALISTAS

 

EF

ALEJANDRO CARBALLAL REY

MONTSERRAT GIL VILARIÑO

 

 

 

INGLÉS

ALBA ALONSO FEIJOO

              LUCÍA GONZÁLEZ DACOSTA

  Mª CARMEN AREAL GONZÁLEZ

MÚSICA

ELVIRA ISABEL FERNÁNDEZ PENA

RELIXIÓN CATÓLICA

CANDELARIA GIL VARELA



 

PT 

Mª ESTHER SERRADA DOCAMPO MARTA PEDROSA VÁZQUEZ

AL

 

FABIEN GALLIE

 

MARÍA GONZÁLEZ IGLESIAS

 

  

ORIENTADORA

 

ROSA M. ENCINAS DEL ARCO

APOIO E.INFANTIL

 

PATRICIA COUÑAGO CAO

Distribuir contido


by Dr. Radut