Skip to Content

Blogues

PLAN MADRUGA 2017-2018

Comeza o prazo, ATA O 20 DE ABRIL, para solicitar PLAN MADRUGA no Concello de Meaño para o próximo curso escolar 2017-2018. Os/as interesados/as deberán cubrir a solicitude que poden atopar na páxina web do concello (www.concellodemeano.com) ou nas oficinas municipais e remitila, vía e-mail culturaxuventude@concellodemeano.com ou presentándoas nas propias oficinas.

 

Máis información na nota axunta, enviada polo Concello.

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA RESERVAS ADMITIDAS I.E.S. MEAÑO CURSO 2017-2018

Axúntase a listaxe definitiva de reserva de prazas no I.E.S. de Meaño (centro adscrito) para o vindeiro curso 2017-2018, na que debe figurar o alumnado de sexto curso do CEIP Plurilingüe de Meaño "As Covas" que fixo dita solicitude.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2017-2018

    O vindeiro 1 de marzo iniciarase o período de admisión de novo alumnado para o curso 2017-2018. Data límite de entrega da documentación: 20 de marzo de 2017.

    Os interesados/as poden facer a reserva:

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016-2017

   O próximo 29 de novembro terá lugar a elección para a renovación parcial do Consello Escolar. Dita votación terá lugar en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00horas (horario proposto e aprobado pola Xunta Electoral). Están convocados a participar todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado.

   Nesta sección irase colgando toda a información relativa ao proceso. O censo de electores/as e demáis información publicarase no taboleiro da entrada principal do centro.

Formalización de matrícula para novo alumnado admitido 2016-2017

 O prazo de formalización de matrícula de cara ao vindeiro curso 2016-2017, será dende o 20 ao 30 de xuño de 2016. Deberán entregarse na secretaría do centro o impreso 3 de matrícula para infantil e primaria xunto coa documentación do alumnado (que inclúe petición transporte escolar, enquisa de lingua materna, autorización de utilización da imaxe do alumnado nas actividades dixitais do centro, autorización para excursións dentro do Concello). Nesta última inclúese a listaxe de documentación que terá que achegarse xunto coa documentación requerida. Toda a documentación poderá ser descargada dende esta páxina ou recollida na Secretaría do centro.

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO LIBROS. CURSO 2016-2017

 

Ábrese o prazo, ata o 23 de xuño de 2016, de presentación de solicitudes de axudas para libros de texto, material escolar e participar no fondo de libros correspondentes ao curso 2016-2017. Este ano, como novidade, a participación farase a través dunha única solicitude (axúntase solicitude e normativa, tamén dispoñibles na dirección do centro):

 

·      Axuda libros de texto: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.

·      Axuda de material: Todo o alumnado de educación primaria.

·      Fondo libros: Alumnado de 3º e 4º de primaria (recórdase aos beneficiarios desta axuda, no presente curso 2015-2016, que deberán devolver os libros de texto en préstamo, en bo estado, durante a última semana do curso, para poder beneficiarse das diferentes axudas).

 

O alumnado de 5º e 6º de primaria disporán de libros dixitais incluídos no programa EDIXGAL.

 

Asignación de libros e contía das axudas

 

 1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e 1º e 3º de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

 a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda. – Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir: a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: seis (6) libros de texto. b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: catro (4) libros de texto. c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda. O importe máximo para cada libro complementario será de: 30 euros en EP e 35 euros en ESO.

 

2. A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, de 2º e 4º de ESO e para alumnado de EE será a seguinte: a) Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: EP (1º e 2º): 170 euros. ESO (2º e 4º): 180 euros. b) Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: EP (1º e 2º): 90 euros. ESO (2º e 4º): 104 euros. c) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar d) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso no que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

 

3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

Nota: O cálculo da renda per cápita resulta de sumar a base impoñible xeral (recadro 430) e a base impoñible do aforro (recadro 445) dividido entre os integrantes da unidade familiar.

ALUMNADO ADMITIDO E PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2016-2017

Achégase no axunto a listaxe do novo alumnado admitido para o vindeiro curso 2016 - 2017. Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño de 2016.

Novo prazo para Axudas de material 2015-2016.

Ábrese novo prazo para a petición de axudas para material do alumnado de educación primaria. Poderán acceder a elas as familias que non a solicitaron ou recibiron na primeira convocatoria, sémpre e cando teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 5400€. Axúntase convocatoria.

Axudas material escolar 2015-2016

Ábrese o prazo para solicitar axudas de material escolar para o presente curso 2015-2016. As mesmas están destinadas ás familias con renda per cápita menor ou igual a 5400€ (declaración renda 2013). A solicitude pode ser cuberta e descargada neste enlace ou ben recollela na Secretaría do centro. O prazo de entrega remata o 1 de outubro do presente ano.

Integrantes do Equipo directivo

Director

  • Paulo Nogueira Porto

Xefa de Estudos

  • Luisa Mallo Pereira

Secretario

  • Alberto Giadanes Abel
Distribuir contido


by Dr. Radut