Skip to Content

Inicio

 

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

 

Funcións Consello Escolar LOMLOE
Segundo ou artigo 127 dá nova Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación ( LOMLOE), as competencias do Consello Escolar do centro pasan a ser as seguintes:

a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da presente Lei.


b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro PXA, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado en relación coa planificación e organización docente.


c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director ou directora do centro nos termos que a presente Lei establece. Ser informado do nomeamento e cesamento dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director ou directora.

e) Decidir sobre a admisión do alumnado con suxeición ao establecido nesta Lei e disposicións que a desenvolvan.

f) Impulsar a adopción e seguimento de medidas educativas que fomenten o recoñecemento e protección dos dereitos da infancia.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia no centro, a igualdade efectiva de mulleres e homes, a non discriminación, a prevención do acoso escolar e da violencia de xénero e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.


h) Coñecer as condutas contrarias á convivencia e a aplicación das medidas educativas, de mediación e correctoras velando por que se axusten á normativa vixente. Cando as medidas correctoras adoptadas polo director ou directora correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores legais ou, no seu caso, do alumnado, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.

i) Promover progresivamente a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar para a mellora da calidade e a sustentabilidade e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3.


j) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais e con outros centros, entidades e organismos.


k) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.


l) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a pedimento da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.


m) Aprobar o proxecto de orzamento do centro.


 

n) Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.

Fondo solidario de libros e axudas económicas. Curso 2024/25

No DOG do venres 20 de maio de 2024 saiu publicada a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria, e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B)

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 

 

 

♦ Resumo do fondo e axudas:

 

♦ Prazos establecidos na convocatoria:

 

 

Calendario escolar 2023/2024

AVISO IMPORTANTE:

Todas as familias que solicitaron praza neste centro están ADMITIDAS.

O período para formalizar a matrícula será do 20 o 30 de xuño.

 

   Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:

 

  • 2 fotografías tamaño carné

 

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

Admisión de alumnado para o curso 2024-2025.

 

 

Información do proceso de admisión para o vindeiro curso


NORMATIVA

- No Decreto 13/2022, do 3 de febreiro,  (DOG núm. 29, do 11 de febreiro).

- Na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro 2022,  (DOG núm. 212, do 8 de novembro)

- E así mesmo, no Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia, no que sexa aplicable. 


 

  Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 20 de marzo 

 

 

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta  a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.

 

 

O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Deberá estar asinado polos dous proxenitores

Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.

A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.

 

 

No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

 

  Presentación da documentación para o baremo

 

No caso de que o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas, as prazas serán asignadas mediante unha baremación.

O prazo para entregar a documentación que acredite os criterios alegados por cada solicitante será de 10 días hábiles contados dende o 21 de marzo.

 CRITERIOS E PUNTUACIÓN PARA O BAREMO

 

 

 

 

 

  Publicación das listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

  Reclamacións: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.

  Publicación das listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

   Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

  OFERTA DE PRAZAS

Etapa Curso Prazas ofertadas
E. Infantil 4º (3 anos) 17 + 3 (NEAE)
  5º (4 anos) 3
  6º (5 anos) 11
E. Primaria 8+ 3 (NEAE)
  9
  1
  10
  4
  0

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Calendario admisión 21-22.pdf54.01 KB
D89C8AAB-F41F-4949-91F6-1019640FC99B.jpeg553.97 KB
ED550A-C.pdf1.34 MB
ED550A-G.pdf1.23 MB
2e5fd91e-47ee-4b36-8378-b5fb47784e14.jpg267.95 KB
CUESTIONARIO LINGUA MATERNA 2023.doc137.5 KB
Autorización recollida do centro.pdf156.72 KB
Autorización Imaxe (1).pdf92.17 KB
Cuestionario_familias_galego1.pdf111.55 KB
Documento Calendario curso 2024 y 2025 Ilustrativo Marrón (10).png283.15 KB
Calendario elecciones del consello 2024.pdf258.4 KB
FUNCIÓNS CONSELLO ESCOLAR LOMLOE.pdf34.88 KB


page | by Dr. Radut