Skip to Content

REUNIÓNS DE E. INFANTIL DE INICIO DE CURSO

Convócanse reunións de E. Infantil de comezo de curso:

Día5 de setembro.

Horarios:

  • 9:30    4º de E. Infantil (3 anos).
  • 11:00  5º de E. Infantil (4 anos).
  • 12:30  6º de E. Infantil (5 anos).

 

CALENDARIO DE ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º EI (3 ANOS)

Axúntase Calendario de adaptación para o curso 2022-23.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Convócanse as seguintes axudas:

Fondo Solidario de libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).

Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).

-Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 210 euros.

-Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros:140 euros.

-Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.

Axudas para material escolar (todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 22 de xuño. Pode presentarse por internet na aplicación Fondolibros. Para a presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. O horario será de 9 a 9:50 os mércores e venres e de 13:10 a 14:00 os luns e martes. Para outras franxas horarias é preciso solicitar cita previa.

 Calquera dúbida solucionarase por teléfono: 881960763 ou por correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.gal

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Fotocopia do Libro de familia (imprescindible).

•Anexos I e II. Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou recollerse na conserxería do centro.

•Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

•Fotocopia do DNI (só se non se permite a comprobación telemática).

•Declaración da renda 2020 (só se no se permite a comprobación telemática).

•Certificado de minusvalía (só se non se permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta). 

•Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

•Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servizos Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

 Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

 No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán que cubrir unha solicitude por fillo.

Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2020, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020. Se non se presentou a Renda no 2020, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

 

Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 29 de abril de 2022

 

Información do proceso de admisión para o curso 2022/23

Xúntase información variada sobre o proceso de admisión. Recoméndase ler especialmente o documento de información ás familias:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

        O criterio complementario do centro que valerá 1 punto no baremo obterase sempre que se solicite un centro público como primeira opción.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

ACHÉGATE A COÑECER O NOSO CENTRO O VINDEIRO

LUNS 21 DE FEBREIRO ÁS 17:00 DA TARDE!

 

FAREMOS UNHA VISITA GUIADA PRESENCIAL E CONTESTAREMOS A TODAS AS VOSAS DÚBIDAS.

Publicadas as listaxes de material escolar para E. Primaria

Pode consultarse aquí.

 

Publicación Listados Provisionais concesión e denegación de BOLSAS COMEDOR CURSO 2021/2022

Axuntamos información trasmitida polo concello.

Información comedor curso 2021-22

Aquí tedes o díptico con toda a información sobre o servizo de comedor para o vindeiro curso 2021-22.

Lembrade anotarvos no mes de agosto.

Publicados listados requerimiento documentación solicitudes beca comedor curso 2021/2022

Damos difusión a esta circular comunicada polo Concello.

Listaxe Provisional de Fondolibros e entrega de vales

Está publicada, no taboleiro do colexio, a listaxe Provisional de Admitidos en FondoLibros.

Non hai ningunha familia excluída.

Lembrámosvos que o vindeiro mércores, 7 de xullo, podedes pasar a recoller os vales en horario de 9 a 14 horas.

Porémonos en contacto, dende o centro, con aquelas familias que non obtiveran o vale de 50 euros, para explicarlles os libros que deben adquirir. 

Distribuir contido


by Dr. Radut