Skip to Content

Información do proceso de admisión para o curso 2021/22

Xúntase información variada sobre o proceso de admisión. Recoméndase ler especialmente o documento de información ás familias:

  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Convocatoria do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/21(Realizarase o 25 de febreiro).

 

        O criterio complementario do centro que valerá 1 punto no baremo obterase sempre que se solicite un centro público como primeira opción.

Benvidos ao Murguía!!

Achégase o momento de decidir en que centro queremos matricular ás nosas nenas e nenos. 

Dende o colexio preparamos algunhas iniciativas, con moita ilusión, para que poidades achegarvos ao noso centro; agardamos que pronto sexa tamén o voso:

* Un vídeo das instalacións exteriores.

* Un vídeo das actividades realizadas pola ANPA "As Lavandeiras", cun exemplo da actividades que realizan no centro.

* Unha visita a demanda, para que vos mergulledes dentro e vexades todas as instalacións ao voso antollo.

* Unha reunión virtual, na que vos presentaremos o que se fai no colexio e a liña pedagóxica que seguimos, ademais de responder a todas as vosas preguntas. Será o vindeiro xoves, 25 de febreiro, ás 16:30. Queredes unirvos? O procedemento é o seguinte: ese día, ás 16:30, tedes que clicar nesta ligazón e, poñendo un nome e unha conta de correo electrónico, xa podedes entrar na nosa sala virtual. Dita ligazón non estará operativa ata 5 minutos antes do comezo. Se tedes problemas para entrar, podedes enviarnos un correo electrónico nese momento a ceip.manuel.murguia@edu.xunta.gal. Estaremos pendentes!

Que non podedes vir? Non hai problema. Na sección contactar tedes o noso correo electrónico para transmitirnos as vosas dúbidas.

 

 

Días non lectivos

O próximo 7 de decembro (Día do ensino) e 8 de decembro (Día da Inmaculada Concepción) son días non lectivos.

O mércores 9 de decembro comezan outra vez as clases.

 

Reparto de máscaras para o alumnado

 A Xunta vén de emitir a Orde do 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e educación especial en centros docentes públicos e privados concertados, no curso 2020/21. Pode consultarse aquí.

Destinatarias: familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (segundo a suma dos recadros 432 + 460 da Renda do ano 2018).

Aquelas familias que percibiron este curso os 50 euros de axuda de material non terán que solicitar nada. O centro repartiralles máscaras á maior brevidade posible.

Prazo de Solicitude (para familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros, que non recibiron axudas para material escolar): do 16 ao 27 de novembro do 2020, na propia secretaría do centro.

Cómpre pedir cita previa.

 

Material Escolar de cada curso

Xúntase relación de material escolar para cada un dos cursos de Educación Primaria.

COMENZO DAS CLASES

Seguindo a Resolución do 1 de setembro de 2020 o alumnado incorporarase de xeito gradual:

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil; 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

O día 11 de setembro incorporarase (engadíndose aos anteriores) o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

Todo o alumnado deberá traer unha máscara posta, para poder acceder ao centro e ao autobus (de ser o caso) e outra de reserva, así como uns sobres para podelas gardar cando non se estean a usar.

O primeiro día, e para non compartir material deberán traer un kit básico de útiles de escritura que podería ser un lapis, unha goma, unha libreta e un afialapis.

Reunións de inicio de curso e información COVID

Debido as actuais restricións de reunións a un máximo de 10 persoas vanse ter que desdobrar algunhas das reunións de inicio de curso, polo que haberá cambios no dia e hora así como no número de participantes. Cada titor/a vaise poñer en contacto coas familias para dar instrucións máis concretas.

PLANS COVID-19 adaptados ao noso centro.

En base ao Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020-21 e ás Instruccións da Dirección Xeral en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso 2020-21, elaboráronse os seguintes documentos para a comunidades educativa do noso centro:

Poden consultarse os documentos no seguinte enlace.

Tamén elaboramos un tríptico coas dúbidas máis demandadas polas familias. Pódese consultar aquí.

COMEDOR CURSO 2020/21

Na páxina web da ANPA as Lavandeiras está publicada a información relativa ao comedor escolar para o vindeiro curso 2020/21: criterios de acceso, datas de inscrición, prezos... Pódese atopar aquí: http://www.aslavandeiras.es/novas/comedorcurso20202021.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE INICIO DE CURSO

Convócanse reunións coas familias do alumnado de Educación Infantil para o día mércores 9 de setembro co seguinte horario:

4º E. Infantil (3 anos): 9:30 da mañá.

5º E. Infantil (4 anos): 11:00 da mañá.

6º E. Infantil (5 anos): 12:30 da mañá.

 

Poderá asistir unha persoa por familia . Deberá traer máscara.

É probable que, debido á situación actual co COVID'19 poidan xurdir modificacións. Por favor, permanezan atentos á web por si temos que facer cambios.

Distribuir contido


by Dr. Radut