Skip to Content

Campaña de recollida de roupa

Dende hoxe (día 26 de novembro) ata o mércores (día 11 de decembro), poden recoller no colexio unha bolsa de plástico para doar roupa ou calzado á "Fundación GLORR".

Para máis información, xúntase a circular enviada ás familias.

Saúdos.

Magosto

O pasado xoves, día 14 de novembro, celebramos o magosto no colexio. Ás 11 da mañá, os nenos/as de Educación Infantil e Primaria baixaron ao patio e fixeron diversos xogos relacionados con esta festa de tradición popular. Despois comeron unhas castañas que asamos os profes. Aquí vos deixamos algunha foto.

E aquí o video da festa

Actuación ArcosIris

O venres, día 8 de novembro, viñeron a actuar ao colexio 5 integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia. Aos nenos/as lles encantou, e a verdade é que o fixeron moi, pero que moi ben. Podedes ver parte da actuación premendo nos seguintes vínculos:

ArcosIris Video 1

ArcosIris Video 2

ArcosIris Video 3

Concurso de cabazas

Acordádevos que durante esta semana e ata o venres, día 8, podedes traer cabazas decoradas ao colexio, para o concurso que faremos, co gallo do Samaín. Haberá dous agasallos para as cabazas máis orixinais. A entrega de premios será o día do festival de Nadal, aínda que saberemos o nome dos gañadores/as o próximo luns.

 

Días sen clase

Recordade que o día 1 de novembro, venres, non haberá clase, por ser o día Todos os Santos. Ademais, o día 30 de outubro tampouco é lectivo, por ser o Día do Ensino.

Polo tanto, esta semana haberá clase o luns, martes e mércores.

Banco de alimentos.

Continuando co traballo do ano pasado, colaboraremos co Banco de Alimentos "Rías Altas". Durante esta semana e parte da seguinte (dende o día 21 ata o día 30), todos os nenos/as poden traer un quilogramo ou un litro dun alimento non perecedeiro. Os produtos recollidos entregaranse a dito organismo o día 4 de novembro. De todos os xeitos, aparece a circular enviada ás familias en arquivo adxunto.

Recordade a puntualidade!!

A semana pasada enviámosvos unha circular recordando algunas normas que son de interese para o mellor funcionamento do centro e para toda a comunidade educativa. Adxuntamos dita circular.

Matrícula para o curso 2013/2014

O prazo de matrícula para o curso 2013/2014 é do 20 de xuño ao 30 do mesmo mes.

 

Todo o que precisas pódelo atopar aquí.


Libros de texto 2023-2024

Adxúntase Listado de libros de texto para o vindeiro Curso 2023-2024.

O Material Escolar publicarase en setembro.

 

 

 

Comedor e madrugadores para o curso 2015/2016

Para todos os interesados en utilizar o servizo de madrugadores e/ou comedor escolar este curso 2015-2016, tedes as solicitudes a vosa disposición no comedor do centro. 

 

Podedes pedirllas a Nuria, responsable do comedor, e agradeceriamosvos que llas entreguedes correctamente cumprimentadas ata, como máximo, o xoves 20 de xuño, para que o servizo poda comezar a funcionar correctamente dende o primeiro día lectivo.

 

Lembrámosvos que o horario de atención ás familias do comedor son:

  • Luns: de 16:00 a 17:00.
  • Martes e xoves: de 13:30 a 14:00.

 

Grazas á negociación a través da Federación de APAs, informámosvos que os actuais prezos de comedor, ofertados por Jardanay, son os seguintes:

  • Fixo mensual: 77,55 €/mes.
  • Fixo discontinuo de 4 días: 63,65 €/mes.
  • Fixo discontinuo de 3 días: 48,22 €/mes.
  • Fixo discontinuo de 2 días: 32,32 €/mes.
  • Fixo discontinuo de 1 día: 16,26 €/mes.
  • Esporádico: 5,65 €.

 

En canto ao servizo de madrugadores, funciona dende o día 10 de setembro, dende as 7:30 ata as 9:00, tendo os seguintes prezos:

  • Fixo mensual: 33 €/mes (20,63 € sen almorzo).
  • Fixo discontinuo de 4 días: 27,38 €/mes (18,57 € sen almorzo).
  • Fixo discontinuo de 3 días: 20,54 €/mes (13,94 € sen almorzo).
  • Fixo discontinuo de 2 días: 13,70 €/mes (9,29 € sen almorzo).
  • Fixo discontinuo de 1 día: 6,84 €/mes (4,65 € sen almorzo).
  • Esporádico: 1,95 €, con almorzo incluído ou sen el.

Máis información na páxina web da ANPA As Lavandeiras.

Distribuir contido


by Dr. Radut