Skip to Content

Curtametraxe elaborada por nenos/as do colexio

Nestes dous enlaces poderán ver unha curtametraxe elaborada por alumnos/as do colexio, a cal competirá o próximo día 25 de marzo, na primeira edición do Festival Ópera Prima de Curtas de Primaria, que se desenvolverá no Ágora, a partires das 19:00.

http://www.edu.coruna.es/ga/portada/novas_do_servizo_municipal_de_educac...

http://www.youtube.com/user/Webeducoruna

Prazo de admisión

Recordámoslles que o prazo para entregar as solicitudes de admisión neste colexio, con vistas á escolarización de alumnos/as novos, para o próximo curso, remata o vindeiro xoves, día 20 de marzo.

Vacacións de Entroido

O vindeiro luns, martes e mércores (días 3, 4 e 5 de marzo, respectivamente) non haberá actividades lectivas no colexio. Así, o próximo día de clase será o xoves, día 6 de marzo. Ata entón, agardamos que o pasen ben no Entroido. 

Entroido

Mañá, mércores día 26 e o xoves, día 27, todos os alumnos/as do colexio deberán traer:

* Mércores: un obxecto no pescozo.

* Xoves: un obxecto nos pés.

Adxuntamos circular informativa.

Instrucións sobre a admisión

Para resolver diversas dúbidas que poida haber sobre a admisión de alumnado, xúntanse instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en formato pdf.

Xornada de portas abertas

O vindeiro día 26 de febreiro, mércores, ás 16:30, terá lugar a xornada de portas abertas no noso colexio, para todo o mundo que queira asistir. Nela informarase acerca de aspectos básicos do funcionamento, instalacións, alumnado, profesorado... e calquera aspecto que lles poida interesar, con vistas a escolarizar aos seus fillos/as para curso 2014/15.

Admisión para o curso 2014/2015

En breve comezará o proceso de admisión de alumnado para o curso 2014/15. Para que teñan información sobre dito proceso, xúntase a Orde que o regula (Orde de 12 de marzo de 2013) e o mapa educativo coas zonas de influencia dos diferentes colexios públicos. Estamos á espera de recibir instrucións máis concretas.

Atención aos piollos!!

Hoxe enviamos unha circular ás familias, informando da existencia de piollos no colexio. É importante prestar especial atención a eliminalos e, a poder ser, non enviar aos nenos/as ao centro ata que se consiga.

Reparto de froita

A Xunta coa colaboración de FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) comezou a repartir froita entre os nenos/as do cole para fomentar o consumo da mesma e unha alimentación sana.

Visita do equipo de baloncesto Basket Coruña

Onte, día 3 de decembro, visitáronnos catro xogadores do equipo de baloncesto "BASQUET CORUÑA". Déronnos unha charliña aos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e fixéronnos uns xogos. Ademais, regalaron a cada un de nós 2 invitacións para ver o partido. Pasámolo moi ben!!

Distribuir contido


by Dr. Radut