Skip to Content

CALENDARIO DO PERIODO DE ADAPTACIÓN DE 4º DE E. INFANTIL (3 ANOS)

Podedes descargar aquí o calendario de adaptación progresiva para os/as nenos/as que comezan a súa escolarización no vindeiro curso 2015/16.

MATRICULACIÓN CURSO 2015-2016

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA NO CENTRO PARA NENOS/AS DE NOVO INGRESO

 

DATAS: 20 DE XUÑO A 30 DE XUÑO.

DOCUMENTACIÓN: Poden descargar e imprimir neste enlace toda a documentación necesaria.

A certificación médica de vacinas para 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria debe solicitarse no centro médico.

 

Axuda para a adquisición de libros e Fondo solidario. Curso 2015-16

A continuación figura o calendario no que se poden ver os diferentes prazos:

  • Solicitude de axudas para os libros de texto (2-30 de Xuño). 1º, 2º, 4º e 6º de EP.
  • Solicitude de axudas para o fondo solidario (2-30 de Xuño). 3º e 5º de EP.
  • Data límite para a devolución dos libros de todos os cursos adquiridos coas axudas do pasado ano. Exclúese desta obriga ao alumnado beneficiario de 1º e 2º de primaria, así como o de educación especial, sempre que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

 

LEMBRAMOS: Que o horario de atención na secretaría é de LUNS a VENRES, de 10:50 a 11:45.

Teñen á súa disposición as solicitudes na conserxería do centro.

Adxúntanse as dúas normativas:

 

Listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2015/16

Xúntase a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o vindeiro curso 2015/16. Contra esta relación definitiva as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. Recórdaselles que o prazo para formalizar a matrícula é dende o día 20 ata o 30 de xuño.

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2015/16

No arquivo adxunto poderán ver o listado de alumnado admitido e exluído para o curso 2015/16.

BECAS DE COMEDOR DO CONCELLO DE A CORUÑA - Curso 2015/16

O martes, 17 de marzo, publicáronse no Boletín Oficial da Provincia as bases que regulan a concesión de becas de comedor para o curso 2015/16. Xúntanse en arquivos pdf a convocatoria e dous documentos con anexos.

ADMISIÓN ALUMNADO 2015-2016

Poñemos a disposición das familias 2 adxuntos onde figura toda a información sobre o proceso de admisión e o baremo de puntos.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro xoves día 26 de Febreiro

ás 16:00 da tarde

haberá unhas xornadas de portas abertas para que os/as pais/nais con nenos/as pendentes de matrícula poidades coñecer o noso centro.

FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ

DENDE O CEIP MANUEL MURGUÍA UNHA MENSAXE DE PAZ E DE AMOR PARA TODOS.

 

Video NADAL 2014

Xa tedes dispoñible para o seu visionado o Video que proxectamos no Festival de Nadal coas actividades realizadas no 1º Trimestre.

Pregámosvos que non compartades o enlace, o que desexe ver o video pode facelo entrando a través desta web.

VIDEO NADAL 2014

Distribuir contido


by Dr. Radut