Skip to Content

Libros de texto 2016-2017

Xa está dispoñible o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2016-17. Podedes descargalo aquí.

Aproveitamos para lembrar que todas aquelas familias que solicitaron as axudas, tanto de material como de libros de texto deberán pasar polo centro o día 1 ou 4 de Xullo.

 

 

 

MATRICULAS 2016-17

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA NO CENTRO PARA OS NENOS/AS DE NOVO INGRESO

DATAS: 20 DE XUÑO A 30 DE XUÑO.

DOCUMENTACIÓN: Poden descargar e imprimir neste enlace toda a documentación necesaria. O impreso de matriculación proporciónase na secretaría do centro.

A certificación médica de vacinas para 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria debe solicitarse no centro médico.

 

 

 

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convócanse as seguintes axudas:

  • Fondo Solidario de libros de texto para alumnado de 3º a 6º de EP.
  • Axudas para libros de texto para alumnado de 1º e 2º de EP.

             Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 170 euros.

             Rendas per cápita entre 5400 e 9000 euros -> 90 euros.

             Minusvalía igual ou superior ao 65% -> 250 euros.

  • Axudas para material escolar para todo o alumnado de EP.

             Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 50 euros.

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDo 18 de maio ao 23 de xuño.

Lémbrase que o horario de secretaría é de Luns a Venres de 10:50 a 11:45.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI (só se non se permite a comprobación telemática).
  • Declaración da renda 2014 (só se non se permite a comprobación telemática).
  • Certificado de minusvalía (de ser o caso).

Presentarase unha única solicitude para TODOS OS IRMÁNS escolarizados no centro (estarán dispoñibles na secretaría).

Para o cómputo da renda per cápita deberán sumarse as casillas 430 + 445 da declaración da renda do ano 2014 e dividirse polo número de membros da unidade familiar.

 

Os alumnos que gozaron das axudas para libros de texto o pasado ano terán que facer a devolución de libros o día 17 de xuño.

Listado provisional admitidos/excluídos Fondo Solidario (3º a 6º): 26 de xuño.

Listado definitivo admitidos/excluídos Fondo Solidario (3º a 6º): 30 de xuño.

Adxúntase a orde na que se convocan todas estas axudas.

 

Listado DEFINITIVO de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as

No listado que se xunta aparecen os nenos/as admitidos e excluídos para o curso 2016/17, despois da reunión do Consello Escolar para o tratamento deste tema.

Listado provisional de admitidos/as e non admitidos/as

No listado que se xunta aparecen os nenos/as admitidos e excluídos para o curso 2016/17, despois da reunión do Consello Escolar para o tratamento deste tema.

Convocatoria municipal de bolsas de comedor, 2016/17

Hoxe martes, día 5 de abril, publicouse no Boletín Oficial da Provincia as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016/17.

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase preferentemente nos Rexistros municipais.

 Adxúntanse as bases, así como os anexos 1 e 2 que se deben presentar, xunto co resto de documentación.

AVISO IMPORTANTE

O centro ten novo número de teléfono e fax.

TELÉFONO: 881960763

FAX: 881960764

Vacacións de Semana Santa

As vacacións de Semana Santa abranguen dende o día 19 ata 28 de marzo.

O martes 29 de marzo comezan as clases. 

Recollida de tapóns e cesto de obxectos perdidos.

 

Por iniciativa da ANPA, vanse recoller tapóns para axudar a Jorge Osa coa súa enfermidade. Hoxe, día 2 de marzo, enviamos unha circular informando deste feito.

Ademais instalouse un cesto onde se depositarán obxectos perdidos, en especial roupa. Estará a disposición das familias na entrada do colexio.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2016-17

Poñemos a disposición das familias dous arquivos adxuntos con información sobre o proceso de admisión, así como sobre o baremo para a mesma.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut