Skip to Content

Vacacións de Semana Santa

Hoxe comezan as vacacións escolares de Semana Santa. Retomaremos as clases o martes, día 3 de abril.

 Desexámoslles que pasen unhas boas vacacións.

 

 

 

BECAS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO

Neste link podedes consultar a convocatoria e bases reguladoras para a concesión da Beca de comedor escolar para o vindeiro curso.

 

 

Información ás familias sobre a admisión para o curso 2018-19

Adxúntase información variada sobre o proceso de admisión. Recoméndase ler especialmente o documento de información ás familias:

  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Orden 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados  con fondos públicos. Refundida coa orde do 25 de xaneiro de 2017. 

 

        O criterio complementario do centro que valerá 1 punto no baremo obterase sempre que se solicite un centro público como primeira opción.

Día da Paz 2018 - Mercadiño solidario

O pasado día 30 de xaneiro, martes, organizamos un mercadiño solidario, co gallo da celebración do Día da Paz. Neste mercadiño os nenos/as do colexio facían unha doazón de xoguetes e podían mercar outros, pagando con alimentos. Ao final, os alimentos recollidos entregáronse ao Banco de alimentos Rías Altas.

Xuntáronse 157'6 kg. de alimentos. 

Moitas grazas a todos/as!!!

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO PODEDES PASAR A VER O NOSO CENTRO.

DÍA: XOVES 22 DE FEBREIRO. 

HORA: 16:30.

DESTINATARIOS: Pais/nais e titores/as legais de alumnado que poida ser escolarizado no colexio. 

RÓGASE NON TRAIAN AOS NENOS/AS.

Vacacións de Nadal

O último día de clase será o Xoves 21 de decembro. 

As clases retomaránse o Luns 8 de xaneiro.

Felices Festas a todos/as.

Semana de festividades

Queremos lembrar a todas as familias que durante esta semana o mércores (Día da Constitución), o xoves (Día do Ensino) e o venres (Día da Inmaculada) non haberá clases.

Retomamos a actividade o próximo lúns día 11 de decembro.

 

ASIGNACIÓN DE PARADAS DE BUS

Esta vai a ser a asignación de paradas de bus de cara ao vindeiro ano.

Faltaría a aprobación do inspector de transportes.

PARADAS

Por favor, comprobade que non exista ningún erro. Si detectades algún, comunicádeo ao correo do centro: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es

Agradecémosvos a máxima difusión.

 

LISTADO DE ADMITIDOS / EXCLUIDOS DO FONDO DE LIBROS DE TEXTO - PROVISIONAL

Aparecer como admitido non da dereito ao disfrute de libros de texto. Deberán contemplar o número de libros que lle corresponden do fondo. 

LISTADO DE ADMITIDOS

LISTADO DE EXCLUIDOS

Distribuir contido


by Dr. Radut