Skip to Content

Calendario de adaptación de 4º de E. Infantil ( 3 anos)

Axuntamos calendario de adaptación para o novo alumnado que cursará 4º de E. Infantil (3 anos).

Reunións de E. Infantil de inicio de curso

Convócanse reunións de E. Infantil de comezo de curso:

Día:  Martes 5 de setembro.

Horarios:

  • 10:00  4º de E. Infantil (3 anos).
  • 11:00  5º de E. Infantil (4 anos).
  • 12:00  6º de E. Infantil (5 anos).

Matriculación do alumnado para o curso 2023/24

As matriculacións para o alumnado de cara ao curso 2023/24 poderán facerse dende o día 20 ao 30 de xuño. Recomendamos facelas a partires do día 22.

Poden consultar a documentación necesaria na seguinte ligazón.

 

Admisión curso 2023-24

Todas as solicitudes de admisión presentadas obtiveron praza.

Poderán consultar o listado privisional de admitidos o día 25 de abril e o listado definitivo o 15 de maio.Ambos serán publicados no taboleiro de anuncios do centro.

 

 

Bolsas comedor para o curso escolar 2023/24

O 7 de marzo de 2023 publicouse no BOP a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-24.

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

Toda a información da convocatoria pódese consultar en:

Importante: a/o alumna/o solicitante deberá ter DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 

 

 

Xornada de Portas Abertas

O vindeiro 28 de Febreiro, ás 16:00 da tarde, terá lugar a Xornada de Portas Abertas do colexio.

Informaremos das actividades e haberá unha rolda de preguntas. Finalizaremos cunha visita a todas as instalacións.

 

Estades todas e todos invitados!

 

 

Publicación Material Escolar 2022-23

Publicouse o material escolar para o presente curso.

Podedes consultalo na sección Libros de texto.

Horario de Reunións Iniciais coas familias de E. Primaria

Os horarios de reunións iniciais serán os seguintes:

  • 1º E. Primaria. Luns 12 de setembro ás 16:00.
  • 2º E. Primaria. Luns 12 de setembro ás 17:00.
  • 3º E. Primaria. Luns 19 de setembro ás 16:00.
  • 4º E. Primaria. Luns 12 de setembro ás 17:00.
  • 5º E. Primaria. Luns 12 de setembro ás 16:00.
  • 6º E. Primaria. Luns 19 de setembro ás 17:00.

Inscrición Comedor 2022-23

A ANPA do centro acaba de publicar no seu blogue o xeito de anotarse ao comedor escolar para o vindeiro curso.

O prazo será do 10 ao 30 de Agosto.

 

CONTACTO DURANTE O MES DE AGOSTO

Por medio do presente aviso infórmase de que para calquera consulta, dúbida, trámite ou xestión, poden contactar co centro educativo durante o mes de agosto a través do correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.gal.

Distribuir contido


by Dr. Radut