Escolares

Patios dinámicos

PATIOS MES DE NOVEMBRO 

   

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2023

Durante a semana do 15 ao 19 de maio levaronse a cabo no centro varias actividades para festexar AS LETRAS GALEGAS.

Luns 15.  Coñecer e traballar o autor a partir da exposición de Fernando del Riego.

Martes 16. Visita ao centro de As Macizas Centrais. Música galega. Coñecemos, desfrutamos, bailamos e cantamos o noso himno.

                               

Xoves 18.  Grabación en Radio Pingueira sobre o día.

                                          

Venres 19. Visionado por parte do concello  da película VALENTINA en galego na casa da cultura.

 

                                   

As imaxes e videos podés velas no blog da biblioteca. http://tololeotrives.blogspot.com/2023/05/dia-letras-galegascurso.html

 

ENREGUEIFATE

O ALUMNADO DE 3º, 5º e 6º viaxou ata Santiago de Compostela para participar en ENREGUÉIFATE.

Representarón un anaco da nosa cultura e do noso Entroido

AQUI DEIXAMOS OS MOMENTOS VIVIDOS.

 

21 de marzo. Día da árbore


O alumnado tivo unha xornada moi interesante festexando o día da árbore.

Primeiro  aprendemos moito sobre o copidado das árbores, o bosque e o medioambiente na man dos axentes forestais.

De seguido plantamos varias árbores no patio do colexio, que debemos de coidar para que crezcan.

 

 

 

RECÍCLATE CON SOGAMA. PLAN PROXECTA 2022/2023

NA ESCOLA TAMÉN RECICLAMOS

Cada día temos mais voluntarios que axudan a reciclar.

Esta vez foron os alumnos e alumnas do servizo de madrugadores.

ASÍ FAREMOS DO PLANETA UN LUGAR MELLOR. 

 

8M. DIA DA MULLER

 O alumnado do cole elaborou un mural sobre o día con palabras como SONORIDADE. LIBRE, TRABALLADORA, VELENTE, CREATIVA ..

O Proxecto COÑECENDOAS da biblioteca segue medrando, este ano traballamos sobe as mulleres deportisas galegas.
 
Tamén contamos coa sorte de entrevistas a dúas mulleres deportitas MOI BRAVAS!!
Sara, a nosa mestra de educación fisica e xogadora de futbol.
Noa, exalumna e porteira de futbol.
 
Todas as imaxes e videos están no blog da biblioteca. Para velas visita o blog ou pica na seguinte ligazon. 
 
 
 

ESQUIOU 2023

Outro ano maís o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º  participou na experiencia do ESQUIOU, disfrutando de 3 días na estación de montaña de Manzaneda. compartindo e vivindo momentos inolvidables.

O video de eses momentos esta no blog da biblioteca. picade no enlace para velo.

http://tololeotrives.blogspot.com/2023/03/excursionscurso-2223-esquiouemocionate.html

 

23F. Día de Rosalía

RADIO PINGUEIRA

O alumnado de 6° estivo en radio PINGUEIRA para falar de Rosalía polo 23F.

 

 

DÍA DA LINGUA MATERNA. CONTACONTOS

O 24 de febreiro alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria gozarán de un contacontos "AS FILLOAS DE MANOLA" representado por pais e nais da ANPA , unha actividade conxunta coa biblioteca de Tololeo. 

Con esta iniciativa da ANPA,dinamizacion linguística e a bilioteca do centro fomentamos o gusto pola lectura e pola nosa lingua.

 

OS VIDEOS E IMAXES ESTA NO BLOG DA BIBLIOTECA DE TOLOLEO.

Deixo o enlace, tamén podedes acceder picando na imaxe de arriba.

 http://tololeotrives.blogspot.com/2023/02/contacontosanpacolaboracionsbiblioteca.html

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro festexamos o día de Rosalía con Unha foliada polas prazas do pobo. 

 

Distribuir contido