1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Blog da Biblioteca

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Na BiblioAcuña, ademais das lecturas, tamén fixemos un mural. 

Grazas Merche e alumnado colaborador!!!

LUUUME!

LUUUME! de Andrea Freire

Despois duns días intensos con contacontos moi especiais na BiblioAcuña, pechamos a semana dedicada ao Día do Libro con outra contacontos de altura: Andrea Freire, escritora ourensana de literatura infantil, agasallounos a todos contándonos a súa obra (un album ilustrado) LUUUME!

LUUUME! é unha fermosa historia na que o protagonista, un pequeno misto que sempre está enfadado, aprenderá a xestionar a frustración.

Despois de escoitar a historia os máis cativos tiveron a ocasión de crear coa autora o seu misto. Que chulo lles quedou!!!

Podedes ver as imaxes premendo aquí.

 

 

Lecturas no mes dos Libros

O noso alumnado de infantil volveu pasalo en grande hoxe escoitando os contos que trouxo para eles Silvia, a mamá de Fabio, alumno de terceiro de primaria. 

Moitas grazas mamás!!!

Foi unha semana moi interesante!!!

               

                  

       

Contacontos

Seguimos contando máis contos na BiblioAcuña no mes dos Libros. Desta vez foi Anabel, a mamá de Dani, alumno de Infantil, quen fixo que os máis cativos do cole pasaran uns momentos moi divertidos. 

   

       

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer