Skip to Content

                                                  

ADMISIÓN CURSO 2024/25

CURSO 2022 - 2023

Lembrade que as clases comezan o 9 de setembro por ser o  día 8 festa local no Concello de Neda.

MARCHA CICLISTA

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou este venres na tradicional Marcha Ciclista Escolar que organiza o Concello de Narón.

Os nenos e nenas xunto con tres mestres/as marcharon ata o paseo de Xubia onde se reuniron con todos os colexios participantes. Unha vez alí, entregoúselles auga e un bocadillo e disfrutaron de xogos e tempo libre. Incluso puideron ver un helícoptero da DXT.

Podedes ver todas as fotos da xornada na Galería ou premendo na seguinte ligazón:

MARCHA CICLISTA 2022

EXCURSIÓN A MADRID

Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria acompañados do profe Felipe e da profe Mónica, parten rumbo a Madrid. Espéranlles catro días inolvidables con arborismo na Serra do Guadarrama, o parque da Warner, o musical de O Rei León, o Parque Europa e unha visita a Segovia.

DISFRUTADE MOITÍSMO DA VOSA VIAXE!!!!!!!

Na Galería hai un álbum no que iremos subindo todas as fotiños que nos vaian chegando dende Madrid.

EXCURSIÓN A MADRID

RECOLLIDA DE MATERIAL PARA UCRAÍNA

O centro participou na recollida de material para o pobo ucraniano organizado pola Asociación Galega de axuda a Ucraína.

Ata o 30 de marzo,  moitas familias contribuíron traendo ao colexio alimentos, roupa, produtos para botiquíns de primeiros auxilios e outros materiais como mochilas, mantas, sacos de durmir,...

 

Ollade canto recaudamos entre todos/as:


Onte pola mañá viñeron a buscar as caixas e ... as nosas donacións xa viaxan rumbo a Ucraína.

 

 MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN

FESTA DO ENTROIDO

E despois de toda a semana seguindo os Mandatos do Meco, o venres fomos ao cole con todo o noso disfrace de pirata.

Cada aula fixo unha festa con música, baile, películas, merenda,... iso si, cumprindo sempre todas as medidas COVID.

Aquí vos deixamos algunha fotiño para que veñades que guapísimos/as iamos:

 

 

E AGORA, A DISFRUTAR DO ENTROIDO!!!!!!!

DÍA DE ROSALÍA

Ilustración Abi Castillo

 

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, entre todas as clases do cole creamos un gran documental no que todos xuntos investigamos, aprendemos, xogamos e bailamos con esta gran escritora.

Ollade que gran traballo fixemos:

ENTROIDO PIRATA

E xa está aquí o Entroido! Deixámosvos a continuación os mandatos do Meco deste ano. Lembrade que non son acumulativos. Cada día traeremos unha cousiña do noso disfrace de pirata e o derradeiro día, o venres, traeremos o disfrace completo.

DÍA DA PAZ 2022

Polo día da Paz, entre todos os nenos e nenas do cole montamos esta bonita e colorida pomba da Paz.

Ademais cada clase decorou un bonito cartel:

 E para rematar todos xuntos fomos á pista de fútbol (iso si cada clase burbulla por separado para cumprir as normas COVID)

 

e alí soltamos NIN MÁIS NIN MENOS QUE CEN POMBAS MENSAXEIRAS que esperemos que leven os nosos desexos de paz moi lonxe.

MOI FELIZ DÍA DA PAZ PARA TODOS/AS!

RESERVA DE PRAZA IES FERNANDO ESQUÍO CURSO 22/23

Quen pode reservar praza?

O alumnado de 6º de EP que teña previsto matricularse no IES Fernando Esquío no vindeiro curso 2022/2023 en 1º ESO.

 

Prazos

Do 11 de Xaneiro ata o 8 de Febreiro.

 

Documentación a presentar

Anexo I (en galego ou en castelán) .  O titor entregará aos alumnos e alumnas unha copia do mesmo. Tamén pode descargarse nos seguintes enlaces:

Anexo I (Galego)

Anexo I (Castelán)

ou cubrirse de forma electrónica a través da aplicación Admisión alumnado ( www.edu.xunta.es/admisionalumnado) , no menú:

Solicitudes - Reserva - crear

 

Lugar de presentación da solicitude

Opción 1: Entregar a solicitude debidamente cuberta e asinada, de xeito presencial no centro ao seu titor.

Opción 2: Presentar a solicitude pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou na web de admisión de alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

 

IMPORTANTE!!!

Se non se desexa reservar praza no IES adscrito, NON se deberá cubrir a solicitude. Terán que facer a solicitude de admisión no outro centro no mes de marzo no prazo establecido para dito trámite.

VISITA DOS REIS MAGOS

Un ano máis, no colexio recibimos a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente para recoller as cartas que con tanta ilusión escribimos.

Ao igual que o ano pasado, no nos xuntamos todas as clases por mor do COVID senón que cada aula burbulla foi coa súa titora ao patio cuberto a levarlles as cartas.

Aquí vos deixamos algunha fotiña:

Distribuir contido


by Dr. Radut