Skip to Content

                                                  

ADMISIÓN CURSO 2024/25

RESERVA DE PRAZA IES FERNANDO ESQUÍO CURSO 22/23

Quen pode reservar praza?

O alumnado de 6º de EP que teña previsto matricularse no IES Fernando Esquío no vindeiro curso 2022/2023 en 1º ESO.

 

Prazos

Do 11 de Xaneiro ata o 8 de Febreiro.

 

Documentación a presentar

Anexo I (en galego ou en castelán) .  O titor entregará aos alumnos e alumnas unha copia do mesmo. Tamén pode descargarse nos seguintes enlaces:

Anexo I (Galego)

Anexo I (Castelán)

ou cubrirse de forma electrónica a través da aplicación Admisión alumnado ( www.edu.xunta.es/admisionalumnado) , no menú:

Solicitudes - Reserva - crear

 

Lugar de presentación da solicitude

Opción 1: Entregar a solicitude debidamente cuberta e asinada, de xeito presencial no centro ao seu titor.

Opción 2: Presentar a solicitude pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou na web de admisión de alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

 

IMPORTANTE!!!

Se non se desexa reservar praza no IES adscrito, NON se deberá cubrir a solicitude. Terán que facer a solicitude de admisión no outro centro no mes de marzo no prazo establecido para dito trámite.



contidoadministrador | by Dr. Radut